Francisco Cebreiro Barros, nado en Ferrol o 27 de outubro de 1897 e finado en Neda o 29 de xullo de 1977, foi un médico e político galego.
Traxectoria Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en 1923. Médico de Neda, onde era coñecido como o "médico dos pobres" e como "Don Paco da Merced" pois residía no Pazo da Merced. Na República foi elixido concelleiro de Neda en 1931 e pertenceu a directiva de Izquierda Republicana de Neda. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado uns meses no castelo de San Filipe. Nos anos corenta curou a varios guerrilleiros antifranquistas feridos e facilitoulles medicamentos, tamén os aloxou no pazo e chegou a impartirlles cursos de primeiros auxilios. Foi detido por iso. Foi alcalde de Neda na República Finou en Neda o 29 de xullo de 1977.La Voz de Galicia, 6-3-1986, p. 24.
Recoñecementos
Dedicáronlle unha rúa en Neda, que deu nome ao lugar de Médico Cebreiro. Vida persoal
Casou con Anelia Cachafeiro Riveiro e foi pai de Eduardo Cebreiro Blanco. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas "Neda sufraga la escultura al «médico de los pobres»", artigo en La Voz de Galicia, 5 de agosto de 2002. Entrevista
Categoría:Médicos de Ferrol Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Neda Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Neda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes