Horacio Gil Expósito, nado en Pontevedra en 1962, é un político galego do PPdeG, deputado na Deputación de Pontevedra e alcalde de Arbo.
Traxectoria Foi tenente de alcalde de Arbo con Manuel Rivera Domínguez. Nas municipais de 2011 encabezou a lista do PPdeG, pero non logrou a alcaldía. Foi portavoz do PP de Arbo. En setembro de 2013 nomeado foi deputado provincial pola comarca do Condado-ParadantaHoracio Gil sustituye a Grandal. En xuño de 2014 presentou unha moción de censura xunto a Alternativa Independiente de Arbo (AIAR), contra o que era alcalde nese momento, o nacionalista Xabier Simón Pérez. O 27 de xuño de 2014 someteuse a moción de censura a votación en pleno municipal sendo superada co apoio dos cinco concelleiros do PP e dous dos tres electos de AIAr, sendo investido alcalde de Arbo.
Nas eleccións municipais de 2023, foi nomeado alcalde cunha maioría absoluta de 8 concelleiros, fronte a 3 da oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arbo
Ligazóns externas Ficha na Deputación de Pontevedra
Categoría:Alcaldes de Arbo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia
Categoría:Nados en Pontevedra
Categoría:Nados en 1962