A III Asemblea Nacionalista celebrouse en Vigo o 16, 17 e 18 de abril de 1921, no Teatro Circo Tamberlick. Historia e características Presidida por Francisco Manuel Balboa, o vicepresidente foi Gonzalo López Abente, e secretarios Javier Soto Valenzuela e Víctor Casas. Entre os asembleístas figuraron Vicente Risco, Ramón Villar Ponte, Antón Villar Ponte, Lois Peña Novo, Johán Vicente Viqueira, Valentín Paz Andrade, Victoriano Taibo, Antón Losada Diéguez e Otero Pedrayo.

Tratouse da participación electoral e chegouse á conclusión de participar nas eleccións. O Directorio reservouse o dereito de decidir cando se interviría. Estas restricións do Directorio provocaron a aparición dun Consello Permanente que concentra os poderes da dirección. Estaba composto por Antón Vilar Ponte, Manuel Banet Fontenla, o Conselleiro Primeiro da irmandade coruñesa e o mesmo Risco, quen soubo gañarse a Villar Ponte e Banet, controlando así o Consello.

A Asemblea comisionou a Vicente Risco para que elaborase un proxecto de galeguización do ensino, que se plasmou no Plan pedagóxico pr'a galeguización d'as escolas (1922).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Artigos "Irmandandes da Fala" e "Galeguismo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Outros artigos II Asemblea Nacionalista IV Asemblea Nacionalista

Ligazóns externas Nas vésperas da III Asemblea (LVI) Peche en falso da III Asemblea (LVII) A III Asemblea (LVIII)

Nacionalista III Categoría:1921 en Galicia Categoría:Historia de Vigo Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes