Stipe Pletikosa, nado en Split o 8 de xaneiro de 1979, é un exfutbolista profesional croata que xogaba de gardameta. Foi internacional coa selección de Croacia.
Traxectoria Club Pletikosa comezou a súa etapa profesional no Hajduk Split croata, e foi traspasado en 2003, xunto ó seu compañeiro Darijo Srna, ó Shakhtar Donetsk por 2 millóns de euros. Pletikosa non tivo moito éxito no Shakhtar, e foi cedido ó Hajduk Split en 2005.
O 7 de marzo de 2007, Pletikosa fichou polo Spartak de Moscova a cambio de 3 millóns de euros, e asinou un contrato de tres anos co club ruso. Durante a súa etapa no Spartak, foi cedido ó Tottenham Hotspur na tempada 2010-11, onde tan só participou nun partido da Football League Cup.
O 6 de agosto de 2011, asinou un contrato de dous anos co FC Rostov ruso.
Deportivo O 2 de marzo de 2016 produciuse o seu debut co Deportivo da Coruña na Liga española, nunha derrota a domicilio fronte o Athletic Club (4–1).
Palmarés Club Hajduk Split Liga croata (1): 2000–01 Copa croata (2): 1999–00, 2002–03
Shakhtar Donetsk Liga ucraína (1): 2004–05 Copa ucraína (1): 2003–04 Supercopa ucraína (1): 2005
FC Rostov Copa rusa (1): 2013–14
Individual Premio Heart of Hajduk: 2000, 2002 Xogador do Ano da liga croata: 2001, 2002 Futbolista croata do ano: 2002
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Pletikosa en FIFA.com
Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Split Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do HNK Hajduk Split Categoría:Xogadores do FC Shakhtar Donetsk Categoría:Xogadores do FC Spartak de Moscova Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do FC Rostov Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014