miniatura|250px|Teito no lago del valle, en Somiedo (Asturias).

Teito ou casa de teito (tamén chamada de teitu ) é unha edificación de pedra con cuberta vexetal de xestas ou colmo de centeo típica do occidente asturiano e leonés, especialmente na zona de Somiedo en Asturias, nas comarcas leonesas dos Ancares e A Cabreira. Moi relacionadas coas pallozas de Galicia e León coas que case estreman.

Teito é en realidade unha voz asturleonesa, que como en galego, designa calquera cuberta feita con material vexetal (coñecidas en galego coma colmados ou colmas).Menéndez 2008: p. 27 Por extensión chamouse teito ao edificio en si, sempre que a súa cuberta sexa vexetal.Menéndez 2008 p. 28 O teito asturiano ten moita relación coa palloza galega-leonesa dos Ancares, en canto ao colmado se refire, aínda que se diferencian na forma e estrutura do edificio habitacional que acubilla dita cuberta (planta arredondada nas pallozas e cadrada nos teitos); diferénciase tamén na súa localización xeográfica e na distribución do espazo. En Asturias e León prefírese a voz teito, mentres que en Galicia utilízase a voz palloza ou pallaza.Nos Ancares leoneses tamén utilizan a palabra palloza; no resto do territorio, teito.

As construcións con teito pertencen á arquitectura popular autóctona, destinadas a vivendas, palleiras, alpendres, cortes, hórreos e outros pequenos edificio auxiliares. Coma ocorreu coas construcións de colmado en Galicia, de todas estas construcións, resistiron o paso do tempo as cabanas, os hórreos, as palleiras e algún máis. As vivendas ou ben foron desaparecendo ou se modificaron ostensibelmente. Nalgúns casos mantivéronse até finais do século XX e comezos do XXI, até a morte dos seus propietarios. Algunhas destas casas mantiveron a súa vida por terse convertido en museos etnográficos ou por ter cambiado o seu uso rehabilitándoas coma cortes ou palleiras.

Orixe e evolución

As casas habitacionais con teito, formando pequenas aldeas de tempada ou espalladas ao longo da xeografía asturiana e leonesa, foron herdanza das casas que configuraron os castros. A planta circular dos castros é considerada como a máis antiga (semellante á planta das pallozas galegas), mais nalgún deles coexistiu coa planta rectangular. As orixes dos castros peninsulares remóntanse ao final do bronce tardío. Teñen afinidades coa cultura atlántica e son anteriores á cultura céltica de Hallstatt e La Tène aparecidas no centro de Europa.Cfr: Almagro Gorbea, 1992, El origen de los celtas en la Península Ibérica. Protoceltas y celtas, Polis, 4 pp. 5 e 31.

Durante a segunda metade do milenio I a. C., a poboación foi cambiando de lugar asentándose en terras axeitadas para o cultivo. As casas seguiron sendo circulares ao principio e máis tarde fóronse construíndo rectangulares como viña ocorrendo no resto da península.Menéndez 2008 pp. 49, 55 e 56 Os arqueólogos sacron á luz enclaves que así o demostran, pertencentes ao primeiro milenio a. C.:

miniatura|left|Casa con teito en Campo da Lagúa (Vilafranca do Bierzo). No territorio asturleonés e en Galicia estas casas-vivenda tiñan os seus correspondentes edificacións tamén con colmado que servían para as tarefas agrícolas e gandeiras. Son testemuña da evolución da vida rural desde os primeiros agricultores do Neolítico. Moitos destes edificios perduraron en maior ou menor cantidade até o século XXI mostrando o que puideron ser as casas con teito, casas habitacionais desaparecidas ou transformadas a maioría, tanto na súa estrutura como no seu uso. Estes edificios anexos (hórreos, cortes, alpendres, palleirasn etc.) se mantiveron grazas á súa situación xeográfica en lugares estratéxicos, protexidos pola natureza.Menéndez 2008 p. 58 A súa pervivencia débese tamén a que esas zonas non chegaron nunca a ser enteiramente colonizadas por Roma polo que os métodos de construción dos romanos non cambiaron nin influíron nunca nos métodos ancestrais destas xentes.Menéndez 2008 p. 59. Cfr Mark Gimson en As Pallozas, p. 78

Xunto ás primeiras casas circulares habitacionais existiron uns cercados que ás veces acadaban unha altura de 2 m, construídos con pedra cando era doada de obter ou con madeira. Nestes cerrumes gardábse o gado.Menéndez 2008 p. 65 Téñense identificado estas cortes ou estábulos polo tupido nivel de esterco atopado.También se han encontrado huesos de animales domésticos que por aquella época eran bastante más grandes. Cfr Audouze, F. e Büchsenschütz, O. 1992, Towns, Villages Andalucía Countryside of Celtic Europe, London Este sistema evolucionou durante o tempo protohistórico cando a corte pasou a formar parte da propia casa, cuxo exemplo máis coñecido e perdurábel é a palloza dos Ancares. Os arqueólogos consideran que foi esta a grande innovación do período protohistórico nas construcións do norte da península e do norte europeo e que é posíbel que influíse tanto o clima como a necesidade de manter os animais ben vixiados día e noite ao seren a súa gran riqueza e obxecto de subsistenciaA orixe e uso destas vivendas con corte incorporada está ben documentado até o século XIX. As máis antigas pertencen ao noroeste europeo, especialmente á rexión de Frisia. (Audouze, F. e Büchsenschütz, O. 1992, p.132). Os arqueólogos deron o nome de byre-houses a este tipo de casas estudadas na Gran Bretaña..

No noroeste da Península Ibérica o colmado foi predominante até o século XX, por mor das súas propiedades como illante térmico, superiores ás doutras cubertas como a lousa: o colmo pode manter a temperatura no interior dun cuarto quecido cun lume a uns polo inverno, incluso en zonas de montaña onde as temperaturas medias mínimas non adoitan superar os ; á vez, a cuberta vexetal tamén conserva o ambiente fresco na vivenda durante os días calorosos. Un teito ben confeccionado e arranxado periodicamente dura uns vinte anos.

O principal inconveniente dos teitos radicaba na súa maior propensión a ser un punto de inicio e propagación de lumes, e era habitual que varios edificios ou incluso vilass enteiras quedasen destruídas ao prenderen as lapas nos colmados. O elevado risco de incendio deixou a súa marca tanto nas técnicas de construción como nas leis e ordenanzas das poboacións, entre as que se poden mencionar a prohibición de facer pan durante a noite, e a inspección periódica rigorosa de fornos e lareiras; tamén foi un factor importante na gradual substitución pola lousa ou a tella nos edificios destinados á habitación durante o século XX e á gradual restrición do uso de colmados en construcións auxiliares illadas das vivendas.

Estado de conservación no século XXI miniatura|Exemplo de deterioración e abandono dun teito en Campo da Lagúa (Vilafranca do Bierzo). Quedou ao descuberto a súa armazón de madeira. Nos primeiros anos do século XXI apréciase por unha banda unha alarmante diminución dos teitos e cubertas de colmo en xeral, incluso da casa enteira. Son difíciles de conservar, as familias que os mantiñan van desaparecendo ou emigrando e a razón da súa existencia, o uso, tamén desaparece en moitos casos. A emigración supuxo nalgunhas rexións unha diminución drástica da superficie dedicada ao cultivo do centeo, privando ás zonas onde se usa este material da materia prima para reparar e confeccionar os colmados: por exemplo, na comarca leonesa de Omaña, moitos teitos comezaron a se cubrir con fibrocemento a partir dos anos 70 por este motivo. Nalgúns concellos aprobáronse ordenanzas sobre teitos de colmo que contribuíron á súa desaparición.Véxase, por exemplo, no Boletín Oficial da Provincia de León, o nº 230 (9 de outubro de 1965), nº 237 (19 de outubro de 1965) nº 265 (22 de novembro de 1965), nº 267 (24 de novembro de 1965)

Por outra banda, xa desde os últimos anos do século XX xorde un grande interese pola conservación destes teitos, tanto por parte dos descendentes dos propietarios como das autoridades e arqueólogos xunto cos etnólogos. Concéntrase este interese en Asturias, sobre todo nos concellos de Somiedo e Teberga, onde se encontran os máis extensos conxuntos de cabanas teitadas bastante ben conservadas.Menéndez 2008 pp. 155 e 101 A creación do Parque Natural de Somiedo —que é tamén Reserva da Biosfera— contribuíu a que se recoñeza a valoración das ancestrais cabanas axudando á súa conservación. Moitas seguen vivas e isto favorece as medidas de axuda e conservación.Estas cabanas séguense a utilizar nos comezos do século XXI, co mesmo uso que en tempos remotos. Ademais a contorna e a paisaxe do Parque despertou o interese de viaxeiros e visitantes que, ao teren que adaptarse ás normas esixidas, non constitúen masas de turistas nin hai automóbiles que poidan prexudicar a zona.

Existen subvencións por parte dalgúns concellos, coma o de Somiedo e o de Cangas de Narcea. No ano 2007 conseguiuse axuda en Somiedo para os 373 teitos que o solicitarone en Narcea subvencionouse un 80% do gasto para reparación de colmados en hórreos. O maior problema que xorde é a falla de colmeiros (chamados en asturiano teitadores) profesionais; oficio que vai desaparecendo.

Colmeiros (teiteros). Técnicas e materiais miniatura|Colmeiros a reparar o teito dun hórreo con materia vexetal, á forma tradicional. Os colmeiros (chamados en asturleonés: teiteros ou teitadores) son as persoas que teñen coñecementos de abondo para reteitar as casas, cabanas e hórreos. Adoitan ou adoitaban ser os propietarios ou os arrendados —chamados llevadores—. Estas persoas no século XXI ocúpanse ademais de conseguir a oportuna subvención oficial e de reunir os membros da familia para axudar, pois ao ser un traballo complexo necesitan de varias mans. Nos máis dos casos, ademais da familia reciben a axuda dos veciños, sendo esta unha práctica de colaboración moi antiga chamada de andecha, que vén a significar colaboración.Este costume de colaboración mantense de xeito espectacular na illa de Gotland (Suecia) e en Fårö, outra pequena illa máis ao norte. Trátase dunha festa chamada Tackating naa que se reúne un grupo numeroso de persoas para realizar o teitado nun só día. Tralo traballo comeza a festa, un xantar para todos os participantes.Menéndez 2008 p. 387

miniatura|Feixes de carrizas agardando a súa colocación no teito. A materia vexetal dos teitos superponse sobro dun forxado de madeira (trabes e cangos) que tamén ten a súa técnica. A estrutura está concibida co propósito de ser duradeira; é bastante habitual empregar a madeira de abeleira e de capudre. Esta complexa estrutura deu lugar a un rico vocabulario ou xerga, pois cada peza, cada trabe, cada terminación, ten o seu propio nome que os identifica, como ocorre coa palloza.Pequeno exemplo: Machu, fema, gabias, ḷḷatas, tarranchas, ciebu, treme, zancas, chavichón, cumal, pical, gabitos, tuerus etc.