The Fault in Our Stars é un filme estadounidense dirixido por Josh Boone, que se estreou no 2014. Baséase na novela homónima de John Green. Está protagonizado por Shailene Woodley, Ansel Elgort e Nat Wolff, xunto con Laura Dern, Sam Trammell Willem Dafoe nos papeis secundarios. Woodley interpreta a Hazel Grace Lancaster, unha adolescente de dezaseis anos con cancro que é obrigada polos seus pais a asistir a programas de axuda en grupo. Alí coñecerá e namorarase de Augustus Waters, interpretado por Elgort.

A creación de The Fault in Our Stars comezou en xaneiro de 2012, cando Fox 2000, unha división de 20th Century Fox, se fixo cos dereitos para adaptar a novela. A rodaxe principal comezou o 26 de agosto de 2013 en Pittsburgh, cuns días adicionais en Ámsterdam, e concluíu o 16 de outubro de 2013.

The Fault in Our Stars foi estreado o 6 de xuño de 2014 nos Estados Unidos. Recibiu unha boa acollida da crítica, que eloxiou a interpretación de Woodley, así como o filme completo. Tamén foi un éxito comercial, sendo o número un en recadación na semana da súa estrea, e conseguindo $299 millóns en todo o mundo, partindo dun presuposto de $12. Foi estreado en Blu-Ray e DVD o 16 de setembro de 2014.

Sinopse Malia que un milagre médico conseguiu reducir o seu tumor e darlle uns anos máis de vida, a adolescente Hazel (Shailene Woodley) sempre se considerou unha enferma terminal. Porén, cando Gus (Ansel Elgort) entra a formar parte do grupo de axuda para enfermos de cancro xuvenil, a vida de Hazel cambia de súpeto.

Personaxes Shailene Woodley como Hazel Grace Lancaster Lily Kenna como Hazel Grace Lancaster de nena Ansel Elgort como Augustus Waters Nat Wolff como Isaac Laura Dern como Frannie Lancaster Sam Trammell como Michael Lancaster Willem Dafoe como Peter van Houten Lotte Verbeek como Lidewij Vliegenthart Mike Birbiglia como Patrick

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Josh Boone Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de TSG Entertainment Categoría:Filmes de Temple Hill Entertainment Categoría:Filmes rodados en Ámsterdam Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes sobre Anne Frank