miniatura|dereita|250px|Bandeira de Escocia co lema Alba gu bràth. Alba gu bràth (pronunciado ˈal̪ˠapə kə ˈpɾaːx ) é unha frase en gaélico escocés usada para expresar lealdade cara a Escocia. Traducida ó galego significa "Escocia por sempre", malia que no senso literal, gu bràth tradúcese como 'ata o xuízo'. A frase é utilizada como slogan político na campaña pola independencia de Escocia.

Formas alternativas Existen outras formas non correctas de pronuncialo, en parte por mor das semellanzas co slogan irlandés Erin go bragh ("Irlanda por sempre"). Por exemplo: Alba go bragh, Alba gu bra, Alba go breá.

Cultura popular No filme de 1995 Braveheart, o patriota escocés e heroe nacional William Wallace (interpretado por Mel Gibson) berra "Alba gu bràth" a cabalo fronte as tropas escocesas xusto antes da Batalla da ponte de Stirling.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Erin go bragh Cymru am byth

Categoría:Símbolos de Escocia Categoría:Política de Escocia