South African Airways (SAA) é a aeroliña nacional e a máis grande de Suráfrica. Ten a súa sede no Aeroporto Internacional de Johannesburgo-Oliver Reginald Tambo. A compañía voa a 42 destinos de todo o mundo dende o seu centro de operacións no citado aeroporto, usando unha frota de 53 avións. A aeroliña está dirixída polo CEO Monwabisi Kalawe.

South African Airways fundouse en 1934 tras a compra de Union Airways por parte do goberno surafricano. A aeroliña foi inicialmente supervisada e controlada pola administración surafricana de ferrocarrís e portos. Sancións de países africanos que lle prohibiron realizar escalas nos seus aeroportos debido ao apartheid forzárona a mercar avións de longo alcance, entre outras medidas, para contrarrestar esas restriccións. Durante ese tempo tamén era coñecido polo seu nome en lingua afrikaans, Suid-Afrikaanse Lugdiens (SAL), que foi abandonado. En 1997 a aeroliña pasou por un gran programa de renovación, que incluía un cambio de nome, imaxe e librea, ademais da introdución de servizos de venda de billetes a través de Internet. Dende entón a compañía uniuse á Star Alliance, e renovou a súa frota con avións máis modernos. En 2006 SAA separouse de Transnet, a súa compañía nai, para operar como unha aeroliña independente.

SAA é a aeroliña oficial da Asociación de Tenistas Profesionais. A compañía posúe Mango, unha aeroliña low cost doméstica, e estrableceu ligazóns con Airlink e South African Express.

En novembro de 2021, nun marco de colaboración estratéxica (SPF), asinado durante unha cerimonia en presenza do presidente surafricano Cyril Ramaphosa e do presidente de Kenya, Uhuru Kenyatta. Kenya Airways e South African Airways agora traballarán xuntos para "aumentar o tráfico de pasaxeiros, as opcións de carga e o comercio en xeral utilizando as forzas de Suráfrica, Kenya e África", explica un comunicado.

Frota + Frota de South African Airways<span style="color:white;">Avión<span style="color:white;">En servizo<span style="color:white;">Pedidos<span style="color:white;">Pasaxeiros<span style="color:white;">Notas<span style="color:white;">C<span style="color:white;">Y<span style="color:white;">TotalAirbus A319-1327—2595120Airbus A320-23210—24114138Airbus A330-2006—36186222Airbus A330-3005—46203249Airbus A340-3007—38215 231253 269ZS-SXD coa librea do Team South Africa 2012Airbus A340-6009—42275317ZS-SNC pintado coa librea de Star AllianceBoeing 737-8006—32125157ZS-SJV pintado coa librea de Star Alliance<span style="color:white;">Cargo FleetBoeing 737-3003—<center>N/ATotal53—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Suráfrica Categoría:Star Alliance Categoría:Aeroliñas nacionais