Santa Eulalia de Bando é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 941 habitantes (524 mulleres e 417 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 022 habitantes.

Xeografía É unha parroquia de perfil irregular de montes suaves como o Monte do Gozo. Nesta parroquia nace o río Sar.

En Bando están situadas as instalacións da Televisión de Galicia, da Televisión Española en Galicia e da Radio Galega, amais do refuxio municipal de animais.

Historia No Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz, indícase:

Patrimonio Destaca a existencia de significativas mostras de patrimonio prehistórico, como o Castro de Bando ou o Dolmen de Zaramacedo.

Pola parroquia pasa o Camiño Francés, a ruta principal do Camiño de Santiago, nunha das súas últimas partes. Dende o Monte do Gozo, no lugar de San Marcos, tradicionalmente se podían enxergar por vez primeira as torres da catedral. Actualmente existe unha capela adicada a San Marcos, un monumento en homenaxe á visita de Xoán Paulo II e un complexo de albergues de peregrinos. Tamén hai neste recinto un auditorio ao aire libre, onde se celebran concertos, coma os do festival O Son do Camiño.

Lugares e parroquias Lugares de Bando

Parroquias de Santiago de Compostela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Santiago de Compostela

Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia