A Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 524 habitantes (276 mulleres e 248 homes) distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 492 habitantes.

Historia Foi constituída como parroquia en 1957, segundo se publica no Boletín do Arcebispado de Santiago (1957, XCVI p. 465), segregando da parroquia de Sar os lugares de Paxonal, Corgo, Castiñeiriño, Fieital e Lamas de Abade, da parroquia de Conxo os lugares de Castiñeiriño, Combarro, Casal e Outeiro, e da parroquia de Cacheiras o lugar de Covas. Este último volve pertencer a Cacheiras actualmente.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares do Castiñeiriño

Parroquias de Santiago de Compostela

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Santiago de Compostela

Categoría:Parroquias de Santiago de Compostela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación da Nosa Señora de Fátima