Eberhard August Wilhelm von Zimmermann, nado o 17 de agosto de 1743 en Uelzen, Ducado de Brunswick-Luneburgo e finado o 4 de xullo de 1815 en Brunswick (en alemán: Braunschweig),Hoxe no Land da Baixa Saxonia. Ducado de Brunswick, foi un xeógrafo e zoólogo alemán.
Traxectoria Eberhard August Wilhelm von Zimmermann estudou desde 1761 a 1765 historia natural (medicina), filosofía, matemáticas e xeografía nas universidades de Leiden, Halle e Gotinga (e quizais tamén na de Berlín con Leonhard Euler). Graduouse en Gotinga en matemáticas (xeometría) cunha tese sobre a análise das curvas titulada Curvarum imbricatarum consideratio analytica.Zimmermann, Eberhard August Wilhelm,
A partir de 1766 foi profesor de matemáticas, física e historia natural no Collegium Carolinum en Braunschweig.
Zimmermann é famoso por ser o autor de Specimen Zoologiae Geographicae Quadrupedum (1777), unha das primeiras obras dedicadas á distribución xeográfica dos mamíferos.
En 1778 foi nomeado membro da Academia de Ciencias de Gotinga e máis adiante tamén dotras academias, como a Academia de Ciencias de Baviera, en 1808.
En 1796 foi elevado á dignidade de Par do Imperio (do Sacro Imperio Romano-Xermánico).
En 1801 foi relevado dos seus compromisos no ensino, dedicándose a traballar nas sías puiblicacións.
Principais obras Geographische Geschichte des Menschen und der vierfüßigen Tiere, Leipzig 1778-1783, dous volumes. Über die Kompressibilität und Elastizität des Wassers, Leipzig 1779. Frankreich und die Freistaaten von Nordamerika, Berlín 1795 Allgemeine Übersicht Frankreichs von Franz I bis auf Ludwig XVI, Berlin 1800, dous volumes. Taschenbuch der Reisen, Leipzig 1802-13, 12 Jahrgänge. Die Erde und ihre Bewohner, Leipzig 1810-13, cinco volumes.
Abreviatura A abrteviatura Zimmermann enprégase para recoñecer a como autoridade na descricíón e taxonomía en zooloxía.
Notas
Categoría:Xeógrafos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Nados en 1743 Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Finados en 1815 Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Alumnos da Universidade de Halle-Wittenberg Categoría:Alumnos da Universidade de Gotinga Categoría:Profesores da Universidade Técnica de Braunschweig