Celso Collazo Álvarez, nado en Crecente cara a 1900 e finado en Covelo o 22 de setembro de 1936, foi un funcionario e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Eugenio Collazo Iglesias e irmán de Eugenio Collazo Álvarez. Funcionario municipal, obtivo a praza de Oficial primeiro do Concello de Mondariz en 1926.El Tea, 13-7-1926, p. 2. Foi vicepresidente da Sociedade de Caza e Pesca de Mondariz en 1929.El Tea, 13-5-1929, p. 3. Na República foi elixido secretario do Centro Republicano Democrático de Mondariz en xaneiro de 1932.El Tea, 3-1-1932, p. 2. Simpatizante do Partido Galeguista, foi colaborador de Castelao. Foi correspondente de Faro de Vigo en Mondariz e colaborou en El Tea, onde escribiu artigos a favor do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936."En pro de la autonomía", El Tea, 4-6-1936, p. 1."Camino de la autonomía", El Tea, 24-6-1936, p. 1.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi paseado o 22 de setembro e o seu cadáver apareceu en Santa Mariña de Covelo. Foi reclamado polo xuíz militar de Vigo mediante requisitoria xunto con Manuel Martínez Alonso, Francisco Bouzas Sánchez, José Troncoso Faro e Luís Soto Fernández o 8 de outubro de 1936.El Pueblo Gallego, 9-10-1936, p. 3.
Vida persoal
Casou con Encarnación Lema e foi pai de Celso Collazo Lema. Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Crecente Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nados en 1900 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos