Paulino Souto Sánchez, nado en Betanzos e finado na Coruña o 17 de outubro de 1892Las Mariñas, 23-10-1892, p. 1., foi un avogado e político galego.
Traxectoria Estudou Dereito. Foi letrado na Audiencia da Coruña onde abriu un bufete. Afiliado ao Partido Moderado, foi gobernador civil da provincia da Coruña en 1864 e novamente en 1866. Na Restauración militou no Partido Conservador, do que foi líder na provincia da Coruña. Foi elixido presidente da deputación da Coruña o 16 de xaneiro de 1875. Foi elixido deputado polo distrito de Betanzos nas eleccións de 1876 e volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1879, 1884 e 1891.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Presidentes da deputación da Coruña
Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Finados en 1892