Ruhollah Mostafavi Moosavi Khomeini, máis coñecido como Ruhollah Khomeini (), nado o 24 de setembro de 1902 en Khomein, e finado o 3 de xuño de 1989 en Teherán, foi un aiatolá iraniano.

Traxectoria Líder político e espiritual da Revolución islámica de 1979, que derrocou ó derradeiro xa de Irán Mohammad Reza Pahlavi, e líder supremo do país ata a súa morte. Trala revolución, Khomeini pasou a ser o Líder Supremo do país, un cargo creado na constitución de 1979 que o ascendeu como a maior autoridade política e relixiosa da nación. Ocupou o cargo até a súa morte en 1989. Khomeini foi tamén alfaquí da Xaria (experto na Lei islámica) e autor de máis de 40 libros. Porén, é principalmente coñecido pola súa actividade política.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do imán Khomeini Artigo do New York Times sobre a poesía de Khomeini Khomeini en YouTube

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Nados en Markazi Categoría:Finados en 1989 Categoría:Políticos de Irán Categoría:Personalidades do islam de Irán Categoría:Aiatolás