A 1ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 16 de maio de 1929 no Hollywood Roosevelt Hotel dos Ánxeles (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Douglas Fairbanks. Os billetes custaban 5 dólares e 270 persoas asistiron ao acto, que durou 15 minutos. Foi a única cerimonia dos Óscar que non foi emitida por radio nin por televisión.
Os filmes elixibles foron os estreados en 1927 e 1928 e os gañadores foron anunciados tres meses antes da cerimonia. Algúns dos candidatos foron anunciados sen referirse a un filme concreto, como na categoría de mellores efectos de enxeñaría.
Os principais filmes gañadores foron 7th Heaven e Sunrise, que gañaron tres premios cada un, e Wings, que recibiu dous premios. Sunrise gañou o premio á Mellor produción singular e artística e Wings o de mellor filme destacado. As dúas categorías consideráronse igualmente o premio maior da noite, tratando de honrar aspectos diferentes e importantes do cinema. O ano seguinte, a Academia suprimiu o premio á produción singular e artística e decidiu retroactivamente que o premio gañado por Wings era o premio máis importante outorgado. Reader must select "1927/28" in the "Award Year(s):" drop-down menu and press "Search".
Premios miniatura|Frank Borzage, mellor director miniatura|Emil Jannings, mellor actor miniatura|Janet Gaynor, mellor actriz miniatura|Charles Chaplin, Óscar honorífico Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas. Mellor filme destacado Mellor produción singular e artística Lucien Hubbard para Paramount Pictures – Wings Charles Chaplin para United Artists – The Circus Howard Hughes para The Caddo Company – The Racket William Fox para Fox Film Corporation – Seventh Heaven William Fox para Fox Film Corporation – Sunrise: A Song of Two Humans Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack para Paramount Pictures – Chang: A Drama of the Wilderness Irving Thalberg para MGM – The Crowd Mellor director de comedia Mellor director Lewis Milestone – Two Arabian Knights Charles Chaplin – The Circus Ted Wilde – Speedy Frank Borzage – Seventh Heaven Herbert Brenon – Sorrell and Son King Vidor – The Crowd Mellor actor Mellor actriz Emil Jannings – The Last Command e The Way of All Flesh Richard Barthelmess – The Noose e The Patent Leather Kid Charles Chaplin – The Circus Janet Gaynor – Seventh Heaven, Street Angel e Sunrise: A Song of Two Humans Louise Dresser – A Ship Comes In Gloria Swanson – Sadie Thompson Mellor argumento orixinal Mellor guión Underworld – Ben Hecht The Circus – Charles Chaplin The Last Command – Lajos Bíró Seventh Heaven – Benjamin Glazer Glorious Betsy – Anthony Coldeway The Jazz Singer – Alfred A. Cohn Mellor fotografía Mellor dirección de arte Sunrise: A Song of Two Humans – Charles Rosher e Karl Struss The Devil Dancer – George Barnes The Magic Flame – George Barnes Sadie Thompson – George Barnes The Dove e Tempest – William Cameron Menzies Seventh Heaven – Harry Oliver Sunrise: A Song of Two Humans – Rochus Gliese Mellores efectos de enxeñaría Mellor escritura de rótulos Wings – Roy Pomeroy (Ningún filme concreto) – Ralph Hammeras (Ningún filme concreto) – Nugent Slaughter The Red Mill – Joseph Farnham The Magic Flame – George Marion, Jr. The Private Life of Helen of Troy – Gerald Duffy
Óscar honorífico Charlie Chaplin, por interpretar, dirixir e producir The Circus. Warner Brothers Production por producir The Jazz Singer, primeiro filme falado.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
01 Categoría:Cinema en 1927 Categoría:Cinema en 1928