Marcel Carné, nado en París o 18 de agosto de 1906Artigo explicando o problema coa data de nacemento de Marcel Carné e finado en Clamart (Altos do Sena) o 31 de outubro de 1996 foi un director de cinema francés. Foi unha figura clave do movemento do realismo poético.
Traxectoria Carné era fillo dun ebanista, e a súa nai finou cando el tiña cinco anos.Gary Arnold "Vaults: Remembering Marcel Carne", The Washington Times, 9 de agosto de 2009 A súa carreira comezou como crítico de cinema, chegando a ser editor no semanario Hebdo-Films,Alan Riding "Marcel Carne, Film Director, Dies at 90", New York Times, 1 de novembro de 1996 e traballando para Cinémagazine e Cinémonde entre 1929 e 1933.Richard Roud "Marcel Carné and Jacques Prevert" in Roud Cinema: A Critical Dictionary: Volume One, Aldrich to King, Londres: Secker & Warburg, 1980, p.189-92, 189, 191 Na mesma época traballou como axudante de cámara de Jacques Feyder, debutando como director coa curtametraxe Nogent, Eldorado du dimanche (1929).
Feyder aceptou unha invitación de Alexander Korda para traballar en Inglaterra e fixo posible que Carné tomase o seu proxecto e dirixise Jenny (1936). O filme iniciou a súa colaboración co guionista e poeta surrealista Jacques Prévert. Esta relación durou máis de doce anos e se envolveron no realismo poético.
Durante a ocupación alemá de Francia na segunda guerra mundial traballou na zona de Vichy onde sorteou os intentos de control artístico por parte do réxime; algúns dos membros do seu equipo eran xudeus, como Joseph Kosma e Alexandre Trauner e o propio Carné era abertamente homosexual. Baixo condicións difíciles dirixiu o seu filme máis recordado, Les enfants du paradis (1945) estreado trala liberación de Francia.
Na década de 1950 a sona de Carné baixara e os críticos de Cahiers du cinéma desprezárono, dándolle os méritos dos seus filmes só a Prévert.Gilbert Adair e Mike Goodridge Obituary: Marcel Carné, The Independent, 1 de novembro de 1996 Á parte do éxito de 1958 Os mentireiros, os filmes de posguerra de Carné foron unha serie de fracasos.
Filmografía Nogent - Eldorado du Dimanche 1929 Jenny (1936) Drôle de drame (1936) Le Quai des brumes (1938) Hôtel du Nord (1938) Le Jour se lève (1939) Les Visiteurs du soir (1942) Les enfants du paradis (1945) Les Portes de la nuit (1946) La Marie du port (1949) Juliette ou La clef des songes (1951) Thérèse Raquin (1953) L'Air de Paris (1954) Os mentireiros (1958) Terrain vague (1960) Trois chambres à Manhattan (1965) Les Jeunes loups (1968) Les Assassins de l'ordre (1971) La Merveilleuse visite (1973) La Bible'' (1976)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas They Shoot Pictures, Don't They?
Páxina homenaxe Bibliografía
Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1996