Sherlock Holmes Baffled (literalmente, Sherlock Holmes perplexo) é unha curtametraxe estadounidense de cine mudo en branco e negro dirixido por Arthur Marvin en 1900 e estreada oficialmente en 1903. É a primeira adaptación cinematográfica coñecida do detective Sherlock Holmes, creado polo escritor británico Arthur Conan Doyle. A inclusión da personaxe de Holmes fai que a obra sexa tamén o primeio filme de misterio coñecido. No filme, un ladrón que pode aparecer e desaparecer a vontade, rouba unha serie de obxectos a Holmes e tódolos esforzos do detective por capturalo fracasan.
Sherlock Holmes Baffled foi orixinariamente producida para mutoscopios en 1900, e rexistrouse 1903. Só dura 30 segundos e non se coñece o nome dos actores. Considerada durante anos un filme perdido, foi redescuberto en 1968 grazas ós fotogramas impresos en papeis arquivados na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1900 Categoría:Filmes de 1903 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América