María Xosé Alfonso Torres, nada en Esteiro (Muros) en 1967, é unha política galega de Compromiso por Galicia.

Traxectoria Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora de ensino secundario no IES Poeta Añón de Outes. Formou parte do Bloque Nacionalista Galego dende 2003, sendo concelleira en Muros. En 2012 cos outros 2 concelleiros electos do BNG, entre outros, deixaron o partido para integrarse en Compromiso por Galicia. É coordinadora territorial da Coruña de CxG. Nas eleccións municipais de 2015 encabezaou a candidatura de CxG en Muros e foi investida alcaldesa, ao acadar a súa formación 3 concelleiros e contar co apoio dos 4 concelleiros do PSdeG-PSOEMaría Xosé Alfonso se hace por sorpresa con el bastón de mando de MurosMaría Xosé Alfonso descarta un pacto y buscará acuerdos puntuales.

Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía e foi sucedida por Inés Monteagudo Romero do PPdeG.Inés Monteagudo recogió el bastón de mando en Muros como regidora «de todos»

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muros

Ligazóns externas Entrevista

Categoría:Profesores de educación secundaria

Categoría:Alcaldes de Muros

Categoría:Alcaldes de Galicia por CxG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Políticos de Compromiso por Galicia Categoría:Nados en Muros Categoría:Nados en 1967