O Seixal é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito de Setúbal, rexión de Lisboa e subrexión da Península de Setúbal, con cerca de 31,600 habitantes.
É sede dun concello con 95,50 km² de área, subdividido en 4 freguesías.Lei n.º 11-A/2013, de 28 de janeiro: Reorganização administrativa do território das freguesias. Anexo I. Diário da República, 1.ª Série, n.º 19, Suplemento, de 28/01/2013. Con 184,269 habitantes (2011), é un dos oito concellos máis populosos de Portugal. O concello está limitado ao leste polo concello do Barreiro, ao sur por Sesimbra, ao oeste por Almada e ao norte polo esteiro do río Texo, a través do cal ten ligazón a Lisboa.
Historia Da historia remota da sede do concello pouco se sabe. Aínda así, a cidade ten orixe, probábelmente, nun pequeno núcleo de pescadores e o seu nome pode estar asociado a unha gran cantidade de seixos existentes nas praias ribeirías que serían utilizados como lastre nas embarcacións.
Demografía Poboación do concello do Seixal (1849 – 2011) 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2011 4 383 6 661 10 088 20 470 89 169 116 912 150 271 184 269
Freguesías 200px|miniatura|esquerda|Mapa das freguesías do Seixal. O concello do Seixal está dividido en 4 freguesías:
Amora Corroios Fernão Ferro Seixal, Arrentela e Aldeia de Paio Pires
Información turística 200px|miniatura|dereita|Igrexa Parroquial de Nossa Senhora da Conceição. É unha cidade plana que motiva o cicloturismo e, como tal, conta cun carril bici ao longo da baía ligando as cidades de Amora e Seixal, pasando polas localidades do Seixal, Arrentela e Amora.
Foi o lugar onde Paulo e Vasco da Gama construíron a súa frota marítima para viaxar ata a India e ten numerosas quintas señorais, cun patrimonio riquísimo testemuño desta época.
Terra de pescadores e viveiro de músicos, o Seixal e a Amora teñen presente a cualidade artística das mellores bandas filharmónicas nacionais, tales como a Sociedade Filarmónica União Arrentelense, a Sociedade Filarmónica Operária Amorense, a Sociedade Filarmónia União Seixalense e a Sociedade Filarmónica Democrática Timbre Seixalense.
Ao pasear polo Seixal por terra, do núcleo histórico destaca a Praça Luís de Camões, o Patio do Genovês, o Largo da Igreja, a praza dos Mártires da Liberdade e a rúa Paiva Coelho, sen esquecer a magnífica gastronomía. Na beira do río destacan as embarcacións típicas do río Texo e a vista de Lisboa.
Economía O 11 de xaneiro de 2007 o Seixal recibiu a primeira reunión da Comisión Executiva da Ratecork. Esta entidade ten como base a defensa e a promoción da cortiza europea, e o Seixal reitera a vicepresidencia xuntamente con Vendas Novas. Da asociación forman parte outros concellos portugueses, españois, italianos e franceses, o que fai que Portugal estea na vicepresidencia da liga europea de concellos corticeiros, composta por comunidades tradicionalmente vinculadas á produción, transformación e exportación de cortiza.Seixal integra movimento europeu de defesa e promoção da cortiça, en Boletim Municipal do Seixal, nº 474, p. 5, 15 de febreiro de 2008
Educación Agrupamento de Escolas Paulo da Gama - Amora Agrupamento de Escolas de Pinhal de Frades - Arrentela/Fernão Ferro Agrupamento de Escolas Nun' Álvares - Arrentela Agrupamento de Escolas Dr. António Augusto Louro - Seixal/Aldeia de Paio Pires Agrupamento de Escolas Terras de Larus - Amora Agrupamento de Escolas Pedro Eanes Lobato - Amora Escola Secundária Moinho de Maré Escola Secundária Manuel Cargaleiro Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira Escola Secundária Dr. José Afonso Escola Secundária de Amora
Saúde Centros de saúde públicos Centro de saúde do Seixal Unidade de saúde familiar do Seixal Santa casa da Misericórdia do Seixal Centro de saúde de Corroios Unidade de saúde familiar Moinho da Maré Centro de saúde de Amora Extensão de saúde Largo do Rosinha Centro de saúde da Cruz de Pau Extensão de Fernão Ferro Extensão da Torre da Marinha Extensão do Pinhal dos Frades
Saúde privada e farmacias No sector privado, existe unha ampla oferta de empresas que prestan coidados de saúde.
O concello do Seixal ten 33 farmacias, das cales trinta efectúan servizos permanentes e tres prestan servizo de reforzo.
Comunicación social Rádio Baía Rádio Seixal Comércio do Seixal e Sesimbra - Semanal Diário da Região - Semanal Jornal da Região Jornal do Seixal - Quincenal Diário do Distrito - Diario
Eventos culturais e deportivos Festival de Música Moderna de Corroios Seixalíada Seixal Jazz Festa do Avante
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cámara Municipal do Seixal Portal Seixal Cidade Dixital Seixal no PortugalWeb
Categoría:Cidades de Portugal Categoría:Concellos do distrito de Setúbal