José Miguel Alonso Pumar, nado en Cariño en 1976,«O PSOE espera gobernar en Cariño, Ortigueira e Cerdido» é un político galego do PSG-PSOE, exalcalde de Cariño. Traxectoria Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Residencias e Atención ás Persoas Maiores pola Universidade da Coruña.
Afiliado ao PSdeG-PSOE dende 2005, formou parte da candidatura socialista ás eleccións autonómicas 2012. Foi responsable de Medio Ambiente na Executiva Provincial Socialista da Coruña (2012-2014), Vicesecretario Xeral de Coordinación Institucional no mesmo órgano (2018-2022) e actualmente é membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG obstentando responsabilidades dentro da Área de Política Municipal. Formou parte do Comité Nacional Galego do PSdeG-PSOE no período 2012-2020.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou por primeira vez a candidatura do PSdeG á alcaldía de Cariño, sendo a lista máis votada e foi elixido alcalde por maioría simple. Nas municipais de 2019 revalidou o cargo con maioría absoluta, desta volta acadando 7 concelleiros. dun total de 11, o que supón o mellor resultado histórico do PSdeG en Cariño.Concello de Cariño na FEGAMP En novembro de 2019 foi proposto polo PSdeG-PSOE como membro da executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias para o período 2019-2023, ocupando o cargo de voceiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cariño
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Cariño Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes