A Associaçom Galega da Língua é un colectivo reintegracionista creado en 1981 que pretende a plena normalización do galego, que entende ser unha póla da lingua galego-portuguesa. Contraria á normativa da RAG, a súa Comissom Lingüística editou as súas propias normas en 1983 co título de Estudo crítico das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Hoxe en día estas normas, corrixidas e ampliadas, condénsanse na obra Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo. A AGAL busca a incorporación do galego ao ámbito lingüístico galego-luso-brasileiro. Considera que o galego é a denominación que o portugués ten en Galiza e asume que o nome internacional é portugués.
Desde o 17 de xullo de 2024 forma parte da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa co status de observador asociado.
Constitución da AGAL En maio de 1981 tiveron lugar varias reunións en Santiago de Compostela que deron como principal conclusión que cumpría aproveitar as novas condicións políticas (Estatuto de Autonomía de Galiza) para dar resposta aos problemas da lingua galega. Para iso acordouse constituír unha asociación (a AGAL) que tería o obxectivo de conseguir umha substancial reintegraçom idiomática e cultural do galego, especialmente nas manifestaçons escritas, na área lingüística e cultural que lhe é própria: a galego-luso-africano-brasileira (extracto dos primeiros Estatutos da AGAL).
O 9 de xuño dese ano redactouse na Coruña a acta fundacional, figurando como membros da mesma Xavier Alcalá, António Gil Hernández, Manuel Miragaia, José Maria Monterroso e Joám Carlos Rábade. No mes de outubro a asociación legalizouse e xa en decembro elixiuse o primeiro Conselho Nacional, presidido polo membro fundador Xavier Alcalá.
A AGAL foi unha das institucións que en 1986 impulsaron a creación da Mesa pola Normalización Lingüística.Carta fundacional recuperada de Internet Archive, captura do 13 de febreiro do 2006.
En 2018 aposta polo binormativismo como eixo programático.
Presidencias miniatura|dereita|Logótipo vello da AGAL 1981 a 1982: Xavier Alcalá (enxeñeiro de telecomunicacións e escritor) 1982 a 2001: Maria do Carmo Henríquez Salido (lingüista, profesora da Universidade de Vigo) 2001 a 2007: Bernardo Penabade (lingüista e profesor de Lingua Galega no IES Perdouro de Burela) 2007 a 2009: Alexandre Banhos (sociólogo, funcionario) 2009 a 2012: Valentim Rodrigues Fagim (lingüista e profesor de portugués das escolas oficiais de idiomas de Ourense e Santiago de Compostela) 2012 a 2015: Miguel Rodrigues Penas"A AGAL elegeu um novo Conselho para fortalecer a oportunidade da Lusofonia para a cidadania galega", consultado o 8 de febreiro de 2013 (profesional da comunicación, primeiro director de Através Editora, empresario e un dos fundadores do PGLPerfil de Miguel Penas na web da AGAL, consultado o 8 de febreiro de 2013) 2015 a 2023: Eduardo Maragoto"Eduardo Maragoto, presidente da AGAL: «A língua é o melhor investimento para viabilizar a cultura galega»", consultado o 7 de novembro de 2016 (lingüista e profesor de portugués na EOI de Valencia e Santiago de Compostela) Desde xullo de 2023: Jon Amil"Uma nova equipa assume a direção da AGAL", consultado o 20 de outubro de 2023 (médico e antigo xestor do consultorio lingüístico @emgalego na rede X).
Membros de honra Durante a súa historia, sobre todo nos primeiros anos, a AGAL distinguiu como Membros de Honra diferentes personalidades: Galegos: Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, José Posada e Camilo Nogueira Galegos exiliados e emigrados: Ernesto Guerra da Cal, Ricardo Flores, Higino Martins Portugueses: Manuel Rodrigues Lapa, Óscar Lopes Brasileiros: Leodegário A. de Azevedo Filho, Sílvio Elia, Gladstone Chaves de Melo
A AGAL como editora
A AGAL foi recoñecida formalmente como editora a finais de 2008"Editora Associaçom Galega da Língua integra-se no 'Consorcio Editorial Galego'" , 26 de decembro de 2008. ao se integrar no Consorcio Editorial Galego. Con todo, xa desde a propia constitución da asociación editou obras ensaísticas, actas de congresos e libros de poesía, teatro ou narrativa de autores como Ramom Lôpez Suevos, Ricardo Carvalho Calero, Elvira Souto, Carlos Garrido, Carles Riera, Manuel María, Ernesto Guerra da Cal, João Guisán Seixas ou Jenaro Marinhas del Valle.
Ademais, desde o ano 1985 edita a revista Agália, que tivo períodos de edición trimestral e máis recentemente semestral.
En 2010, a AGAL Editora pasou a denominarse Através Editora, e renomeou tamén as diferentes coleccións. Na súa estrea publicou xa obras de Carlos Taibo, Séchu Sende ou Ugia Pedreira.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Reintegracionismo Normativa reintegracionista do galego Associaçom de Estudos Galegos Academia Galega da Língua Portuguesa Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego Normativa oficial do galego ILG RAG
Ligazóns externas Sitio web da AGAL Portal Galego da Língua Historia da AGAL divulgada con motivo dos 20 anos da asociación, 1981-2001 Ortografia Galega Moderna confluente com o Português no mundo (1ª edición, xaneiro de 2017) Estudo Crítico das Normas ILG-RAG (2ª edición, 1989)
Categoría:Planificación e política lingüística Categoría:Entidades de promoción do galego Categoría:Reintegracionismo