Galindo Garcés, finado en 844, foi Conde de Aragón desde 833 ata a súa morte en 844. Traxectoria Fillo e sucesor de García I Galíndez de Pamplona (Conde de Aragón 820-833), era neto de Galindo Belascotenes e tataraneto de Belasco, conde de Pamplona (799-812).
Casou con Guldregut, ambos fundadores e benfeitores do Mosteiro de San Pedro de Siresa. Ao non ter descendencia, o condado pasou ao seu tío Galindo I Aznárez, irmán da súa nai Matrona Aznárez, tamén conde de Urgell (830-833), Cerdanya (830-833), Pallars (833-834) e Ribagorza (833-834).
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Historia de Aragón Categoría:Historia de Navarra Categoría:Historia de Cataluña Categoría:Finados en 844 Categoría:Condes de Aragón