A dos histricognatos (Hystricognathi) é unha infraorde de roedores da suborde dos histricomorfos,Hystricognathi en Mammal Species of the World.

Esta ampla infraorde comprende, entre outras especies, as hutías, as cobaias, a capibara, as maras, as vizcachas, as chinchillas, os agutís, os porcos espiños, os degús, un certo número de ratos e ratas, e outras.

Descrición Os histricognatos distínguense dos outros roedores pola estrutura ósea do seu cranio. O masetero medio (un músculo mandibular) pasa parcialmente a través do forame infraorbital e conecta co óso contralateral. Isto, xunto á súa falta da lámina infraorbital e do tamaño relativo do forame infraorbital, distingue aos histricognatos doutros grupos de roedores.

A infraorde dos histricognatos comprende 17 ou 18 familias, segundo os autores, que algúns dividen en dúas parvordes, Phiomorpha e Caviomorpha.

Os Caviomorpha son maioritariamente nativos de América do Sur, cunhas poucas especies en Norteamérica, mentres que os Phiomorpha son propios do Vello Mundo.

Taxonomía Infraorde A infraorde foi descrito por primeira vez en 1855 por Johann Friedrich von Brandt (1802-1879), un naturalista alemán que fixo a súa carreira en Rusia.

O dos Hystricognathi é un taxon que foi orixinariamente denominado por Tycho Fredrik Hugo Tullberg en 1899 como unha tribo clasificada entre os Glires (clado pertencente á superorde Euarchontoglires que coprende ás ordes dos roedores e os lagomorfos), e despois reclasificado como infraorde en 2010 por Coster et al..

Algúns autores clasifican esta infraorde na soborde dos Hystricognatha, pero máis xeralmente está admitida desde 2012 a súa clasifiocación dentro dos Hystricomorpha.

Familias Segundo o MSW e máis o SIIT, a infraorde comprende as seguintes 17 familias:Hystricognathi no SIIT. miniatura|200px|Rata toupa espida (Heterocephalus glaber), Bathyergidae). miniatura|200px|Agutí brasileiro (Dasyprocta leporina) , Dasyproctidae). Familia Abrocomidae Miller & Gidley, 1918 - ratas chinchilla Familia Bathyergidae Waterhouse, 1841 - ratas toupa Familia Capromyidae Smith, 1842 - hutías Familia Caviidae Fischer de Waldheim, 1817 - cobaias, maras a capibara Familia Chinchillidae Bennett, 1833 - chinchillas e viscachas Familia Ctenomyidae Lesson, 1842 - tuco tucos Familia Cuniculidae Miller & Gidley, 1918 - pacas Familia Dasyproctidae Bonaparte, 1838 - agutís e acuchís Familia Diatomyidae Mein & Ginsburg, 1997 - a rata de rocha laosiana (segundo o ITIS, descoñecida en MSW, sinón. de Laonastidae segundo o NCBI) Familia Dinomyidae Peters, 1873 - a pacaraná Familia Echimyidae Gray, 1825 - ratas espiñentas Familia Erethizontidae Bonaparte, 1845 - porcos espiño do Novo Mundo Familia Hystricidae Fischer de Waldheim, 1817 - porcos espiño do Vello Mundo Familia Myocastoridae Ameghino, 1902 - o coipú Familia Octodontidae Waterhouse, 1840 - degús e especies relacionadas Familia Petromuridae Tullberg, 1899 - a rata das rochas africana Familia Thryonomyidae Pocock, 1922 - a rata das canas

Porén, o NCBI separa á capibara (Hydrochoerus hydrochaeris), da familis dos Caviidae para formar a súa propia familia, a dos Hydrochaeridae.Hystricognathi no NCBI.

Familias de Phiomorpha

Bathyergidae Hystricidae Petromuridae Thryonomyidae

Familias de Caviomorpha

Abrocomidae Capromyidae Caviidae Chinchillidae Ctenomyidae Dasyproctidae Dinomyidae Echimyidae Erethizontidae Myocastoridae Octodontidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, Malcolm C. & Susan K. Bell (1997): "Hystricognathi" en Classification of mammals above the species level Nova York: Columbia University Press ISBN 0-231-11012-X. Woods, Charles A. & C. William Kilpatrick, "Hystricognathi" en Wilson, Don E. & DeeAnn M. Reeder, eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed., vol. 2. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Roedores Histricomorfos

Ligazóns externas Rodent jaws (mandíbulas de roedores) na ADW Hystricognathi na EOL.

Categoría:Roedores