O dos euarcontogliros (Euarchontoglires), tamén coñecido como Archontoglires Arnason et al., 2008 e Supraprimates Waddell et al. 2001,Euarchontoglires en Fossiworks. é un clado (considerado como superorde) de mamíferos placentarios recentemente establecido grazas a novas análises filoxenéticas.
Componse doutros dous clados, o dos Glires (que inclúe aos roedores e os lagomorfos) e Euarchonta (que abarca aos dermópteros, escandentios e primates).
Relacións evolutivas O establecemento do clado dos Euarchontoglires baséase na análise de secuencias de ADN e marcadores de retrotransposóns, combinando o clado dos Glires co clado dos Euarchonta.
Aínda que até hoxe no se recoñezan moitas evidencias de trazos que apoien Euarchontoglires, tampouco existen evidencias anatómicas que apoien conxecturas alternativas.
Euarchontoglires recoñécese como un dos catro clados existentes dentro do clado Eutheria (que contén os placentarios),Murphy, William J.; Eizirik, Eduardo; O'Brien, Stephen J.; Madsen, Ole; Scally, Mark; Douady, Christophe J.; Teeling, Emma; Ryder, Oliver A.; Stanhope, Michael J.; de Jong, Wilfried W.; Springer, Mark S. (2001): «Resolution of the Early Placental Mammal Radiation Using Bayesian Phylogenetics». Science 294 (5550): 2348–2351. (Resumo). aos que xeralmente non se lle dá categoría taxonómica (ou, ás veces, a de cohorte ou magnorde, ou superorde).
As relacións entre as catro cohortes (Euarchontoglires, Xenarthra, Laurasiatheria e Afrotheria) e a identidade da raíz común está algo controvertida.
Euarchontoglires probabelmente separouse do grupo irmán, os Laurasiatheria, entre hai 85 e 95 millóns de anos, durante o cretáceo, desenvolvéndose o grupo na illa de Laurasia, que máis tarde se convertería no continente Europa. Apoian esta hipótese evidencias moleculares. Até agora, o fósil máis antigo coñecido dátase no paleoceno inferior.
O conxunto dos clados Euarchontoglires e Laurasiatheria coñécese como Boreoeutheria.
Os marsupiais, os euarcontogliros e os diprotodontes teñen apéndice vermiforme, aínda que foi o resultado dunha evolución converxente.Smith, H. F.; Fisher, R. E.; Everett, M. L.; Thomas, A. D.; Randal Bollinger, R.; Parker, W. (2009): "Comparative anatomy and phylogenetic distribution of the mammalian cecal appendix". Journal of Evolutionary Biology.
Clasificación Clado Euarchontoglires Clado Glires Orde Rodentia Orde Lagomorpha Clado Euarchonta Orde Dermoptera Orde Scandentia Orde Primates Orde Plesiadapiformes †
Filoxenia
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jan Ole Kriegs, Gennady Churakov, Martin Kiefmann, Ursula Jordan, Juergen Brosius & Juergen Schmitz (2006); «Retroposed Elements as Archives for the Evolutionary History of Placental Mammals», PLoS Biol, vol. 4, nº 4, e91. William J. Murphy, Eduardo Eizirik, Mark S. Springer et al. (2001): «Resolution of the Early Placental Mammal Radiation Using Bayesian Phylogenetics», Science, vol. 294, nº 5550, pp. 2348-2351.
Outros artigos Mamíferos Euterios Taxonomía dos mamíferos
Ligazóns externas Euarchontoglires no NCBI. Euarchontoglires na EOL. Placental mammal diversification and the Cretaceous-Tertiary boundary
Categoría:Placentarios