Lars Sven "Lasse" Hallström ([ˈla.ˈsɛ ˈhal.ˈstrœm]), nado en Estocolmo o 2 de xuño de 1946 e un director e guionista sueco.
Traxectoria Hallström naceu en Estocolmo, Suecia. O seu pai era dentistahttp://www.filmreference.com/film/72/Lasse-Hallstroem.html e a súa nai a escritora Karin Lyberg (1907–2000). O seu avó materno, Ernst Lyberg foi o Ministro de Finanzas do primeiro gabinete de Carl Gustaf Ekman (1926–1928) e líder do Partido Liberal de Suecia (1930–1933).
Hallström asistiu á escola de música de Adolf Fredrik en Estocolmo. Destacou o 1973, dirixindo a serie cómica "Pappas pojkar" para a televisión sueca. A colaboración cos actores Magnus Härenstam e Brasse Brännström foi frutífera e colaboraron frecuentemente durante este período. Aprendeu o oficio coa realización de videoclips, particularmente para o grupo ABBA.
Tralo éxito internacional de A miña vida coma un can (1985), polo que foi candidato aos Óscar ao mellor director e guión, comezou a traballar no cinema estadounidense. O seu primeiro grande éxito en Hollywood foi A quen ama Gilbert Grape? (1993).
Filmografía 1975 – En kille och en tjej 1977 – ABBA: The Movie 1979 – Jag är med barn 1981 – Tuppen 1983 – Två killar och en tjej 1985 – A miña vida coma un can 1986 – Alla vi barn i Bullerbyn 1987 – Mer om oss barn i Bullerbyn 1991 – Once Around 1993 – A quen ama Gilbert Grape? 1995 – Algo de que falar 1999 – As normas da casa da sidra 2000 – Chocolat 2001 – The Shipping News 2005 – An Unfinished Life 2005 – Casanova 2007 – The Hoax 2009 – Sempre ao teu lado, Hachiko 2010 – Dear John 2011 – Salmon Fishing in the Yemen 2012 – Hypnotisören 2013 – Safe Haven 2014 – The Hundred-Foot Journey 2017 - A Dog's Purpose
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Lasse Hallström en Internet Music Video Database Lasse Hallström Life Sequence Lasse Hallström Filmography Sequence
Categoría:Directores de cinema de Suecia Categoría:Guionistas de Suecia Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Nados en 1946