O Košarkaški klub Metalac Valjevo (en serbio: Кошаркашки клуб Металац Ваљево ou КК Металац Ваљевот) é un club profesional de baloncesto con sede na cidade de . O club ten a súa sede na cidade de Valjevo, Serbia. Actualmente o club compite na Košarkaška liga Srbije, a máxima categoría do baloncesto serbio.

Historia O Metalac foi fundado o 24 de marzo de 1948 como KK Budućnost Valjevo. Tan só seis días máis tarde, o club xoga o seu primeiro partido oficial en Čačak contra o KK Borac, perdendo por 69-19. PEse ao mal debut, nun período relativamente curto de tempo, conseguiron ir ascendendo categorías, chegando en 1954 baixo o nome de Metalac ao Grupo Sur da daquela pouco importante Liga Serbia. Debido a problemas financeiros en 1960, o club tivo que deixar todas as competicións e comezar de novo desde as categorías máis baixas.

anos despois, en 1973, Metalac consegue o ascenso á YUBA Liga, máxima categoría do baloncesto Iugoslavo tras bater ao Mladost Zemun na última rolda da competición, gañando unha vantaxe decisiva sobre Vojvodina Novi Sad. Metalac permaneceu entón durante seis temporadas na Primeira División, conseguindo vencer polo menos unha vez todos osgrandes clubs do baloncesto iugoslavo da época. O seu último partido na YUBA Liga foi o 31 de marzo de 1979 contra a Jugoplastika en Split. Na década de 2000 volta rexurdir o aloncesto en Valjevo, ascedendo o Metalac á máxima categoría do baloncesto serbio, a Košarkaška liga Srbije, na temporada 2007−08, onde permanece desde entón.

Xogadores destacados

Vukašin Aleksić Aleksandar Avlijaš Stefan Balmazović Stefan Birčević Zlatko Bolić Petar Božić Duško Bunić Marko Čakarević Vladimir Đokić Vuksan Gagović Mile Ilić

Aleksandar Ivković Branko Jereminov Vojislav Kecojević Branko Kovačević Zoran Kovačević Dragan Kruščić Marko Ljubičić Aleksandar Mitrović Petar Popović Stefan Sinovec Jovan Teodosić

Zoran Marković Kimani Ffriend Bojan Bakić Vladimir Dašić Rajko Kljajević Ivan Maraš Radomir Marojević Slavko Vraneš Harry Ezenibe Reggie Freeman Ashton Mitchell Renaldo Woolridge

miniatura|180px|Petar Popović.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Serbia