Porca pódese referir a:
Porqueta ou porca, peza de metal cun oco no centro, labrado en espiral, onde se enrosca o parafuso; Porca do lagar, peza ou tronco groso da prensa formada para esmagar o bagazo; Porca, femia do porco; Porca, xogo tradicional galego, especialmente das terras ourensás, semellante a un golf primitivo, que consiste en que un xogador intenta meter unha pedra arredondada coa axuda dun pau longo nun buraco no chan, mentres os demais llo impiden; Vale da Porca, freguesía portuguesa do concello de Macedo de Cavaleiros.