miniatura|Devlet Bahçeli durante a presentación do manifesto do seu partido para as eleccións de xuño de 2015 Devlet Bahçeli, nado en Bahçe o 1 de xaneiro de 1948, é un político turco, presidente do Partido de Acción Nacionalista (MHP) desde o 6 de xullo de 1997."AK Party ratchets up rhetoric on bilingual and autonomy debate", Todays Zaman, 24 de decembro de 2010 .
Traxectoria Naceu na provincia de Osmaniye, e alí realizou estudos de primaria e en Istanbul os de secundaria. Estudou económicas en Ankara, doutorándose na Universidade de Gazi, institución da que foi profesor de economía ata 1987.
Carreira política En 1987, Devlet Bahçeli entrou na dirección do Partido Laborista Nacionalista (MÇP), antecesor do Partido de Acción Nacionalista (MHP) establecido o 24 de xaneiro de 1993. Tras a morte o 5 de abril de 1997 do seu fundador e líder, Alparslan Türkeş, converteuse o 6 de xullo de 1997 no segundo presidente do MHP. Elixido parlamentario nas eleccións de 1999 a 2002, Bahçeli serviu como viceprimeiro ministro no goberno de coalición (DSP-ANAP-MHP) de Bülent Ecevit. En 2002 perdeu a súa acta de deputado que recuperou en 2007.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións parlamentarias de Turquía de 2023
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados na provincia de Osmaniye Categoría:Políticos de Turquía