En astronomía un obxecto transneptuniano resoante é un obxecto transneptuniano (TNO) en resonancia orbital con Neptuno. Os períodos orbitais dos obxectos resoantes están en relación simple enteira co período deste planeta, como 1:2, 2:3 etc. Os TNO resoantes poden formar parte do cinto de Kuiper ou do disco disperso.Hahn J. Malhotra R.Neptune's migration into a stirred-up Kuiper Belt The Astronomical Journal, 130, páx. 2392-2414, novembro de 2005.Full text on arXiv.

Distribución miniatura|Distribución dos obxectos transneptunianos. Os obxectos que ocupan as resonancias máis fortes aparecen en cor vermella. O diagrama ilustra a distribución dos TNO coñecidos. Os obxectos resoantes aparecen en vermello. As resonancias con Neptuno aparecen sinaladas con barras verticais; 1:1 sinala a posición da órbita de Neptuno e os seus troianos, 2:3 sinala a órbita de Plutón e os plutinos e 1:2, 2:5 etc. Sinalan familias máis pequenas.

As designacións 2:3 ou 3:2 refírense á mesma resonancia. Non hai ambigüidade porque por definición os obxectos transneptunianos teñen períodos máis longos que Neptuno.

Orixe As análises detalladas e os estudos numéricos das resonancias de Neptuno indican que os obxectos deben ter un rango preciso de enerxías.Malhotra, Renu The Phase Space Structure Near Neptune Resonances in the Kuiper Belt. Astronomical Journal v. 111, páx. 504 preprintE. I. Chiang and A. B. Jordan, On the Plutinos and Twotinos of the Kuiper Belt, The Astronomical Journal, 124 (2002), páx. 3430–3444. (html) Se o semiexe maior do obxecto está fóra dese rango a órbita vólvese caótica.

Entre os obxectos transneptunianos descubertos, máis do 10% están en resonancia 2:3, máis do que se esperaría dunha distribución aleatoria. Crese que os obxectos foron atrapados de distancias maiores durante a migración de Neptuno.Renu Malhotra, The Origin of Pluto's Orbit: Implications for the Solar System Beyond Neptune, The Astronomical Journal, 110 (1995), páx. 420 Preprint.

Familias coñecidas Resonancia 2:3 ("plutinos", período ~250 anos)

miniatura|Movemento de Orcus, cun período igual ao de Neptuno. miniatura|Plutón e os seus satélites comparados en tamaño, albedo e cor con Orcus e Ixion. A resonancia 2:3 a 39.4 UA é a categoría dominante dos obxectos resoantes, con 92 confirmados e 104 posibles.Trans-Neptunian objects Os obxectos que seguen estas órbitas denomínanse plutinos por Plutón, primeiro corpo descuberto con esta característica. Os maiores inclúen:List of the classified orbits from MPC October, 2008 90482 Orcus

208996 Achlys 28978 Ixion (38628) Huya

Resonancia 3:5 (período ~275 anos) En outubro de 2008 coñecíanse 10 obxectos a 42.3 UA, incluíndo:

Resonancia 4:7 (período ~290 anos) En outubro de 2008 coñecíanse 20 obxectos a 43.7 UA. Os obxectos son bastante pequenos e a maioría segue órbitas próximas á eclíptica. Entre eles están:

Resonancia 1:2 ("twotinos", período ~330 anos)

Esta resonancia a 47.8 UA adoita considerarse fóra do cinto de Kuiper e ocasionalmente chámase a estes obxectos twotinos. Teñen inclinacións menores de 15 graos e excentricidades moderadas (0.1 < e < 0.3). En outubro de 2008 coñecíanse catorce, máis considérase que orixinariamente a súa poboación era tan numerosa coma a dos plutinos.

Entre estes obxectos están:

miniatura|En vermello, algúns obxectos resoantes.

Resonancia 2:5 (período ~410 anos) Entre os once obxectos a 55.4 UA clasificados nesta categoría en outubro de 2008 están: , candidato a planeta anano

Outras resonancias As resonancias maiores teñen un número limitado de obxectos coñecidos, por exemplo: 4:5 (35 UA, ~205 anos) 3:4 (36.5 UA, ~220 anos) , 5:9 (44.5 UA, ~295 anos) 4:9 (52 UA, ~370 anos) , 3:7 (53 UA, ~385 anos) , , , 5:12 (55 UA, ~395 anos) , (84% de probabilidade segundo Emel’yanenko) 3:8 (57 UA, ~440 anos) (84% de probabilidade segundo Emel′yanenko) 3:10 (67 UA, ~549 anos) 225088 Gonggong 2:7 (70 UA, ~580 anos) , (A órbita preliminar suxire unha feble resonancia 2:7, mais se necesitan máis observacións.)

Coñécense tamén outros obxectos distantes con resonancias simples: 1:3 (62.5 UA, ~495 anos) , The Scattered Disk: Origins, Dynamics, and End States. Gomes, R. S.; Fernández, J. A.; Gallardo, T.; Brunini, A. 1:4 (76 UA, ~660 anos) 1:5 (88 UA, ~820 anos) (likely coincidental)

E tamén hai algunhas resonancias sen probar, que poderían ser coincidencias: 7:12 (43 UA, ~283 anos) Haumea 6:11 (45 UA, ~302 anos) Makemake ( parece ter resonancia 6:11) 5:17 (67 UA, ~560 anos) Eris ( ten unha órbita semellante)

Resonancia 1:1 (troianos de Neptuno, período ~165 anos)

Algúns obxectos descubertos seguen órbitas cun semieixe maior semellante ao de Neptuno, preto dos puntos de Lagrange Sol-Neptuno. Son os troianos de Neptuno, termo análogo aos troianos de Xúpiter, que están en resonancia 1:1 con Neptuno, e dos que en outubro de 2012 se coñecían nove, tres na área L5 e o resto na rexión L4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(as HTML)

Categoría:Obxectos trans-neptunianos