Modesto Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) o 28 de decembro de 1955,«Non podo estar máis de quince días sen volver por Malpica» La Voz de Galicia, 1/3/2011. é un médico e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria miniatura|Papeleta da circunscrición electoral de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de abril de 2019. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspector médico no SERGAS. Foi candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1983 polo PSdeG-PSOE, logrando 2 concelleiros. Posteriormente instalouse en Vilagarcía de Arousa por motivos profesionais. Foi Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE en Arousa (1993-1997), Secretario Provincial de Pontevedra do PSdeG-PSOE (1998-2012, ata 2009 como Coordinador Provincial), membro da Executiva Galega (2001-2012) e deputado no Parlamento de Galicia dende 2001 ata 2012. Foi candidato á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas eleccións municipais de 2011. Tralas Eleccións Xerais de 2015 foi designado senador polo Parlamento de Galicia, volvendo a ser novamente designado tralas Eleccións Xerais de 2016. Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 volveu a ser escollido senador tras presentarse pola provincia de Pontevedra, sendo o candidato máis votado. Repetiu candidatura nas Eleccións de novembro do mesmo ano volvendo a ser elixido e o candidato máis votado. Nas Eleccións Xerais de 2023 foi elixido deputado no Congreso pola provincia de Pontevedra.

Vida persoal É irmán de Xosé Manuel Pose Mesura.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Ficha en Galicia Política

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Médicos de Malpica de Bergantiños Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1955 Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra