miniatura|dereita|250px|O dominio de fibronectina tipo III da tenascina humana, coloreado desde o azul (no N-terminal) ao vermello (no C-terminal).;

As tenascinas son glicoproteínas da matriz extracelular. Son abondosas na matriz extracelular de embrións de vertebrados en desenvolvemento e reaparecen arredor de feridas en curación e no estroma dalgúns tumores.

Tipos Hai catro membros da familia xénica da tenascina, que son: tenascina C, tenascina R, tenascina X e tenascina W. A tenascina C é o membro fundador desta familia xénica. No embrión prodúcena células migradoras como as da crista neural; tamén é abondosa nos tendóns, ósos e cartilaxes en desenvolvemento. A tenascina R encóntrase no sistema nervioso en desenvolvemento e adulto. A tenascina X encóntrase principalmente en tecidos conectivos laxos. As mutacións no xene da tenascina-X humana poden orixinar unha forma da síndrome de Ehlers-Danlos. A tenascina W encóntrase nos riles e no óso en desenvolvemento.

A súa estrutura básica está formada por 14 repeticións de tipo EGF situados cara ao extremo N-terminal, e 8 ou máis dominios de fibronectina-III, que varían coas especies e variantes.

A tenascina C é o membro máis intensamente estudado da familia. Ten propiedades antiadhesivas, que causan que as células en cultivo cellar se fagan arredondadas cando esta proteína se engade ao medio. Un mecanismo para explicar isto pode deberse a esta capacidade de unirse á glicoproteína fibronectina da matriz extracelular e bloquear as interaccións da fibronectina con sindecanos específicos. A expresión de tenascina C no estroma de certos tumores está asociada cun mal prognóstico na enfermidade.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Proteínas Categoría:Proteínas da matriz extracelular