Richard Allen Jefferson, nado o 21 de xuño de 1980 nos Ánxeles (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,01 m e 106 kg de peso, Jefferson xoga na posición de ala.

Traxectoria Jefferson xogou na Universidade de Arizona até o ano 2001, ano no que foi elixido no Draft da NBA polos Houston Rockets na décimo terceira posición. Inmediatamente despois de ser elixido, os Rockets traspasárono aos Nets, xunto con Jason Collins e Brandon Armstrong, en troques de Eddie Griffin. Nas súas dúas primeiras temporadas na NBA, Jefferson disputou as Finais da competición, aínda que ningunha con éxito ao perder ante Los Angeles Lakers e os San Antonio Spurs respectivamente. En agosto de 2003 asinou un gran contrato cos Nets por 78.000.000 millóns de dólares por seis tempadas.

As súas voas actuación levárono a ser convocado para xogar coa selección estadounidense nos Xogos Olímpicos de 2004 celebrados en Atenas, con todo, a selección fracasaría. En 2005, perdeuse gran parte da temporada tras unha grave lesión producida ante os Detroit Pistons, aínda así, os rexistros do ala esa tempada foron moi aceptabeis, conseguindo 22,5 puntos, 7,3 rebotes e 2,8 asistencias por partido. En 2006 seguiu mellorando os seus rexistros, mais outra grave lesión en xaneiro o apartou da pista até abril, xusto coincidindo co inicio dos Playoffs. O ano seguinte Jefferson volveu consegiur uns números destacábeis, conseguindo 23,5 puntos e 6,8 rebotes por partido, converténdose no referente das Nets, xunto a Vince Carter, tras a saída de Jason Kidd aos Dallas Mavericks.

O 26 de xuño de 2008 foi traspasado aos Milwaukee Bucks en troques de Yi Jianlian e Bobby Simmons. Alí permeneceu tan só un ano até que o 23 de xuño de 2009 foi traspasado aos San Antonio Spurs a cambio de Bruce Bowen, Kurt Thomas e Fabricio Oberto.En San Antonio as súas prestación comezarían a baixar, chegando a ter uns números na temporada de 9,2 puntos, 3,5 rebotes e 1,3 asistencias por partido. Isto propiciou o seu traspaso o 15 de marzo aos Golden State Warriors en troques de Stephen Jackson e unha elección de primeira rolda do Draft condicional. Tras acabar a temporada en San Francisco, permaneceu alí un ano máis até ser de novo traspasado, esta vez o 5 de xullo de 2013 aos Utah Jazz en troques de Brandon Rush e Andris Biedrins aos Utah Jazz, nun intento dos californianos de non exceder o límite salarial e así poder fichar ao axente libre Andre Iguodala. Na temporada asinou cos Cleveland Cavaliers como axente libre.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Richard Jefferson en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto