A tenascina X ou tenascina XB é unha proteína que é membro da familia da tenascina. É unha glicoproteína que se expresa nos tecidos conxuntivos en zonas como a pel, articulacións e músculos. Nos humanos a tenascina X está codificada polo xene TNXB, situado no cromosoma 6.
Xene
Este xene localízase na rexión do complexo maior de histocompatibilidade de clase III (MHC III) do cromosoma 6. A estrutura deste xene é pouco usual, xa que se solapa cos xenes CREBL1 e CYP21A2 nos seus extremos 5' e 3', respectivamente.
Función
Este xene codifica un membro das proteínas tenascinas das glicoproteínas da matriz extracelular. As tenascinas teñen efectos antiadhesivos, opoñéndose á fibronectina, a cal é adhesiva. Esta proteína crese que funciona na maduración da matriz durante a curación de feridas.
Importancia clínica
A deficiencia desta proteína causa un dos tipos da síndrome de Ehlers-Danlos, na que a densidade de coláxeno está reducida e as fibras elásticas están fragmentadas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas GeneReviews/NCBI/NIH/UW entrada sobre a síndrome de Ehlers-Danlos, tipo hipermobilidade
Categoría:Proteínas da matriz extracelular Categoría:Proteínas