Rondae Jaquan Hollis-Jefferson, nado o 3 de xaneiro de 1995 en Chester, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Beşiktaş Icrypex turco. Foi elixido na vixésimo terceira posición do Draft da NBA do 2015 polos Portland Trail Blazers procedente da Universidade de Arizona.

Traxectoria Universidade Hollis-Jefferson xogou dúas tempadas de baloncesto universitario cos Wildcats da Universidade de Arizona. O 7 de abril de 2015, declarouse elixíbel para o Draft da NBA, renunciando aos seus dous últimos anos universitarios.

Profesional O 26 de xuño de 2015, foi seleccionado na posición número 23 do Draft polos Portland Trail Blazers, con todo, os seus dereitos foron traspasados xunto con Steve Blake aos Brooklyn Nets a cambio de Mason Plumlee e os dereitos da selección número 41 do mesmo draft, Pat Connaughton.

O 7 de xullo de 2019, Hollis-Jefferson asinou un contrato dun ano cos Toronto Raptors.

O 3 de decembro de 2020, Hollis-Jefferson asinou cos Minnesota Timberwolves. Foi cortado polos Timberwolves pouco despois sen chegar a debutar.

O 8 de abril de 2021, Hollis-Jefferson asinou un contrato de dez días cos Portland Trail Blazers. O 18 de abril de 2021, asinou un segundo contrato de dez días, e dez días máis tarde, asinou cos Trail Blazers para o resto da tempada.

O 28 de setembro de 2021, Hollis-Jefferson asinou co Beşiktaş JK da Basketbol Süper Ligi turca.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en nba.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Chester, Pensilvania Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Beşiktaş JK (baloncesto)