A escrita maia, tamén coñecida como glifos maias ou xeróglifos maias, é o sistema de escrita da civilización maia de Mesoamérica, actualmente o único sistema de escrita mesoamericano que foi descifrado. As máis antigas inscricións atopadas datan do século III e foron descubertas en San Bartolo, Guatemala. A escrita maia mantívose en uso en Mesoamérica até pouco despois da chegada dos conquistadores españois no século XVI, e até o século XVIII en certas áreas illadas, como Tayasal.

Notas

Categoría:Civilización maia Categoría:Sistemas de escrita Categoría:Xeróglifos