O composto de Dianin (4-p-hidroxifenil-2,2,4-trimetilcromano) é un composto que é un isómero de condensación do bisfenol A e a acetona, que ten especial importancia na química hospedador-hospedado porque pode formar unha gran cantidade de clatratos con moléculas hospedadoras axeitadas. Foi inventado polo ruso Aleksander Dianin en 1914.A.P. Dianin, J. Russ. Phys. Chem. Soc., 1914, 36, 1310 Un exemplo destes clatratos é o formado polo composto de Dianin con morfolinos. A lenta evaporación dunha solución que conteña ambos os compostos orgánicos rende cristais. Cada cela unidade asimétrica que constitúe o cristal contén seis moléculas de cromano, das cales dúas están desprotonadas e dúas son moléculas morfolino protonadas. As seis moléculas de cromano son pares racemato.
Notas
Categoría:Clatratos Categoría:Fenois