Ana Luísa Bouza Santiago, nada na Coruña en 1960,«O PSOE e o PP teñen os seus centros de decisión fóra de Galicia e é malo para os galegos» é unha política galega.

Traxectoria Licenciada en Ciencias políticas e Socioloxía pola UNED, Diplomada en Formación Bancaria por CUNEF, é analista de aplicacions informáticas. Foi delegada sindical entre os anos 1980 e 1984. Nas eleccións autonómicas de 2005 foi elixida deputada nas listas do BNG e renunciou ao escano para ser Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Nas autonómicas de 2009 foi elixida deputada do Parlamento de Galicia. En 2012 deixou a executiva do BNG para reincorporarse ao seu posto de traballo como analista de aplicacións informáticas no Banco Pastor.Bouza deja la ejecutiva del BNG para volver a su trabajo y facilitar una renovación Foi unha das fundadoras de Abrente. En xaneiro de 2016 abandonou a militancia no BNG.Primera baja en el Bloque tras el 20-D al constatar las mínimas opciones de cambio de rumbo

Membro do Consello de Redacción da revista Andaina, é coautora do libro O Tratado da Constitución Europea: Visións desde Galiza (2005) e autora de artigos e relatorios de temática feminista. É vicepresidenta da Asociación Somos Nós e administradora da empresa editora da revista Luzes e membro do seu consello de redacción.Equipo da Revista Luzes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Artigos en Praza Pública

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes