San Román de Santiso é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 256 habitantes (128 mulleres e 128 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 290 habitantes.

Santiso foi a primeira parroquia do concello de Lalín en realizar a concentración parcelaria en 1989 e na que naceron o último alcalde republicano de Lalín, Xesús Golmar, e o actor e director Juan Orol.

Patrimonio O castro de Santiso está no lugar da Eirexe. Pódense distinguir pequenas elevacións do terreo que parecen delimitar o trazado do recinto, do sector norte do xacemento. A estimación das medidas do xacemento sería duns 100 m de diámetro.Ficha arqueolóxica do castro de Santiso .

A igrexa de San Román de Santiso é barroca, coroada con balaústre sen pináculos. Conserva un anaco de baldaquino.

A Casa de Velón é unha casa grande, con patio central, capela e pombal.

Festas Santo Domingo e a Virxe do Rosario.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Santiso

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Santiso na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Román