Chief Dan George, nado como Geswanouth Slahoot o 24 de xullo de 1899 e finado o 23 de setembro de 1981, foi un xefe tribal dos tsleil-waututh. Tamén foi autor, poeta e actor. É coñecido por escribir a obra "My Heart Soars" (1974), My Spirit Soars (1982). Como actor, foi nomeado ó Oscar ó mellor actor secundario por Little Big Man (1970) de Arthur Penn, participou na serie Centennial (1978) e no filme de Clint Eastwood O fóra da lei (1976). Foi un influente voceiro dos dereitos dos pobos indíxenas americanos.

Véxase tamén Bibliografía George, Dan e Helmut Hirnschall. My Heart Soars. Toronto: Clarke, Irwin, 1974. ISBN 0-919654-15-0 George, Dan e Helmut Hirnschall. My Spirit Soars. Surrey, B.C., Canadá: Hancock House, 1982. ISBN 0-88839-154-4 Mortimer, Hilda e Dan George. You Call Me Chief: Impressions of the Life of Chief Dan George. Toronto: Doubleday Canada, 1981. ISBN 0-385-04806-8 George, Dan e Helmut Hirnschall. The Best of Chief Dan George. Surrey, B.C.: Hancock House, 2003. ISBN 0-88839-544-2

Ligazóns externas

Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Pobo tsleil-waututh Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados na Columbia Británica