San Xurxo de Salceda é unha parroquia que se localiza no concello de Salceda de Caselas na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 798 habitantes (407 mulleres e 391 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón o mantemento con relación ao ano 1999 cando tiña 815 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 733 habitantes, sendo 362 homes e 371 mulleres.
División eclesiástica Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Louriña, na diocese de Tui-Vigo. Patrimonio
Igrexa de San Xurxo, construída entre 1966 e 1970. O templo vello situábase onde está o cemiterio.
Capela de Santa Bárbara.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Salceda
Parroquias de Salceda de Caselas
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Salceda de Caselas Ligazóns externas San Xurxo de Salceda na páxina da Diocese de Tui-Vigo.
Categoría:Parroquias de Salceda de Caselas Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo