Santiago de Breixa é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE, en 2022 tiña 93 habitantes (49 homes e 44 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes.

Patrimonio Na parroquia consérvanse os petróglifos do Primadorno e o castro das Penas. A Igrexa de Santiago de Breixa é un pequeno templo románico no que destaca a rica decoración interior, moi ben conservada, cun notable arco dobre de medio punto no acceso ó presbiterio, así como a variada imaxinería representada nos capiteis: leóns, centauros, aves, sereas, grifóns etc.

O Pazo de Fares foi construído no século XVI e vencellada aos Negreiros e Portela.

Nesta parroquia naceron o político Gumersindo Otero García e o cóengo e arquiveiro Antonio García Conde.

Festas Na parroquia ten lugar a festa da castaña de Breixa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Breixa

Parroquias de Silleda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Breixa na web municipal de turismo

Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior