Álvaro Puentes Antón, finado en San Pedro de Eume o 27 de setembro de 1940, foi un político galego.
Traxectoria Militante de Unión Republicana. Participou nos da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936.La Voz de Galicia, 11-2-1936, p. 2. Foi nomeado alcalde de Cabanas en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir e agocharse nun refuxio no Couce, nas fragas do Eume. Foi asasinado polas costas, por un infiltrado da Garda Civil no seu agocho no Couce xunto co seu compañeiro Eduardo Prieto Alvariño. Coa restauración da democracia, a Corporación municipal de Cabanas rendeulle unha homenaxe colocando unha placa co seu nome na escola das Viñas, que despois desapareceu.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Por la memoria y la libertad
Categoría:Alcaldes de Cabanas Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Finados en 1940
Categoría:Nados en ano descoñecido