Aethelred (en inglés, Æthelred pronuncia inglés: /ˈæθəlrɛd/; falecido despois de 704) foi rei de Mercia de 675 a 704. Era fillo de Penda de Mercia e chegou ao trono en 675, tras a morte do seu irmán Wulfhere. No primeiro ano do seu reinado invadiu Kent e as súas tropas destruíron a cidade de Rochester. En 679 derrotou ao seu cuñado Ecgfrith de Northumbria na batalla do Trent; a batalla foi importante retroceso para Northumbria e terminou coa súa participación militar nos asuntos ingleses ao sur do río Humber. Tamén devolveu permanentemente o Reino de Lindsey á posesión de Mercia. Con todo, foi incapaz de restablecer o dominio que os seus predecesores tiñan no sur de Britania.
Foi coñecido como un rei piadoso e relixioso, que fixo moitas concesións de terras á igrexa. Durante o seu reinado, Teodoro, o arcebispo de Canterbury, reorganizou a estrutura diocesana da igrexa e creou varias sedes en Mercia e Northumbria. Aethelred fixo amizade con Wilfrido, bispo de York, cando este foi expulsado da súa sede en Northumbria. Máis adiante nomeouno bispo dos Anglos medios durante o seu exilio e apoiouno durante o Concilio de Austerfield ao redor do 702, onde Wilfrido presentou o seu caso coa intención de recuperar as terras eclesiásticas das que fora privado en Northumbria.
Osthryth, a esposa de Aethelred, era filla do rei Oswiu, un dos reis northumbrios dominantes do século VII. Foi asasinada en circunstancias descoñecidas en 697. Aethelred abdicou en 704, deixando o trono ao seu sobriño Coenred, o fillo de Wulfhere. Aethelred converteuse en monxe en Bardney, un mosteiro que fundara xunto á súa esposa, e foi enterrado alí. Ceolredo, que era fillo de Aethelred (aínda que aparentemente non de Osthryth), converteuse en rei despois de Coenred; tamén é posible que tivese outro fillo chamado Ceolwald e que fose rei brevemente despois de Ceolred.
Mercia no século VII miniatura|Os reinos de Gran Bretaña no século VII. No século VII, Inglaterra estaba case totalmente dividida en reinos gobernados polos anglosaxóns que chegaran a Gran Bretaña 200 anos antes. O reino de Mercia ocupaba o que hoxe é a rexión dos Midlands ingleses; a orixe do reino non está rexistrado, pero xenealoxías reais preservadas na Crónica anglosaxoa e na Genealogiae regum Anglorum concordan en que as casas reais eran descendentes dun fundador chamado Icel. A casa real Mercia é coñecida como os Iclingas.Mercia» O primeiro rei de Mercia para o que existe información histórica definitiva é Penda de Mercia, pai de Aethelred.Mercia» Os máis grandes reinos veciños incluían Northumbria cara ao norte, recentemente formado a partir da unión dos reinos de Bernicia e Deira, Anglia Oriental ao leste e Wessex, o reino dos saxóns occidentais, ao sur.
Segundo a Historia ecclesiastica gentis Anglorum, unha historia da igrexa inglesa escrita por Beda, un monxe do século VIII, houbo sete gobernantes anglosaxóns temperáns que tiñan imperium ou señorío sobre os outros reinos.Beda O quinto destes foi Edwin de Northumbria, quen foi asasinado na batalla de Hatfield Chase por unha forza combinada que incluíu a Cadwallon, rei britano de Gwynedd, e a Penda.Kirby Pouco tempo despois da morte de Edwin, Northumbria dividiuse nos reinos de Bernicia e Deira. Antes dun ano, Oswaldo, sobriño de Edwin, deu morte a Cadwallon, volveu reunir os dous reinos e posteriormente restableceu a hexemonía de Northumbria sobre o sur de Inglaterra.Kirby En 642, Penda matou a Oswaldo na batalla de Maserfield, polo que Northumbria foi novamente dividida.Kirby Oswiu, o fillo de Oswaldo, sucedeuno no trono de Bernicia e Oswino, o fillo de Osric, no de Deira.
En 655, Oswiu derrotou e matou a Penda na batalla de Winwaed. Despois instalou a Peada, fillo de Penda, como gobernante da parte sur de Mercia e el mesmo encargouse de gobernar o norte; despois de que Peada foi asasinado en 656, Oswiu tomou o control directo de toda Mercia. Un golpe de estado en 658, librou a Mercia do señorío de Northumbria e estableceu a Wulfhere como rei.Yorke A principios dos anos 670, Wulfhere converteuse no rei máis poderoso no sur de Gran Bretaña, cunha hexemonía efectiva sobre todos os reinos anglosaxóns excepto Northumbria.Kirby
A fonte principal para este período é a historia de Beda, completada preto de 731. A pesar do seu enfoque na historia da igrexa, este traballo tamén proporciona información valiosa acerca dos primeiros reinos anglosaxóns. Para Wessex e Kent, Beda tiña informantes que lle fornecían detalles da historia da igrexa en cada provincia, pero parece que non tivo tal contacto en Mercia, polo que estivo menos informado deste reino.Yorke Unha fonte adicional para este período é a Crónica anglosaxoa, compilada a finais do século IX en Wessex. O escriba anónimo da Crónica parece incorporar moita información rexistrada en períodos anteriores.Blackwell Encyclopedia
Devanceiros e principios do reinado miniatura|300px|Familiares próximos de Aethelred. Aethelred era fillo de Penda de Mercia. A esposa de Penda, Cynewise, é nomeada por Beda, que non menciona aos seus fillos; como non se coñecen outras esposas de Penda, é probable, aínda que non hai certeza diso, que fose a nai de Aethelred.Mercia» A Crónica anglosaxoa atribúelle a Penda a idade de cincuenta anos en 626 e un reinado de trinta anos, pero isto poría a Penda na idade de oitenta anos ao momento da súa morte, o que é bastante improbable, xa que dúas dos seus fillos (Wulfhere e Aethelred) eran mozos cando morreu. Segundo os historiadores Barbara Yorke e D. P. Kirby, sería máis razoable que Penda tivese cincuenta anos ao morrer, no canto da o momento de ascender ao trono.Kings and Kingdoms, pp. 103–104Kirby A data de nacemento de Aethelred é descoñecida, pero Beda describe a Wulfhere como mozo cando accedeu á coroa en 658, así que é probable que el e Aethelred fosen adolescentes nesa época.Kirby As fontes antigas non mencionan si Aethelred era maior ou menor que Wulfhere.
Non se sabe nada da infancia de Aethelred. Tivo outro irmán, Peada, e dúas irmás, Cyneburh e Cyneswith; tamén é posible que Merewalh, rei de Magonsaete, fose irmán de Aethelred.YorkeSwanton
En 674, de acordo a Stephen de Ripon, Wulfhere «provocou a todas as nacións do sur contra [Northumbria]», pero foi derrotado polo fillo de Oswiu, Ecgfrith, que o obrigou a render Lindsey e a pagar tributo.Life of Wilfrid, 20, en Age of Bede, pp. 126–127. Wulfhere sobreviviu á derrota, pero morreu en 675, posiblemente dalgunha enfermidade, e Aethelred converteuse en rei.Henry de HuntingdonUnha discusión detallada da data probable de ascenso de Aethelred pode atoparse en Kirby
O primeiro acto rexistrado do reinado de Aethelred é en 676, cando os seus exércitos devastaron Kent e destruíron Rochester, a sede dos bispos de Kent Occidental. A razón do ataque non está rexistrada, pero puido querer evitar que o rei Hlothhere de Kent recuperase o control de Surrey, que entrara na órbita merciana grazas a Wulfhere.Kirby Puido ser tamén que Aethelred quixese vingarse polos asasinatos dos fillos de Eormenred de Kent; as mortes foran instigadas por Ecgberht de Kent, irmán de Hlothhere, e é posible que Aethelred fose tío dos príncipes asasinados.A suxestión é debida a D.W. Rollason e é descrita por Kirby Unha terceira suxestión é que os reis de Essex pediron a invasión en resposta aos recentes intentos de Kent por gañar dominio sobre os saxóns orientais.Zaluckyj Independentemente da razón, Hlothhere tivo que aceptar o señorío de Aethelred.Zaluckyj Os danos á sede de Rochester foron tan grandes que Putta, o bispo titular, retirouse da súa diocese; o sucesor designado, Cwichelm, tamén abandonou a sede «debido á súa pobreza».
Ao principio do reinado de Aethelred, Teodoro, arcebispo de Canterbury, comezou unha importante reorganización da igrexa en Mercia. En 675 retirou a Winfred da súa posición como bispo de Lichfield e durante o seguintes catro anos dividiu a sede merciana en cinco diocese: Leicester, Lichfield, Worcester, Dorchester e Hereford.Kirby Aethelred foi un rei devoto, «máis famoso pola súa disposición piadosa que pola súa habilidade na guerra», en varias ocasións regalou terras para a expansión da igrexa, incluíndo concesións en Tetbury, Long Newton e Somerford Keynes.Mercian Tamén se di que Aethelred estivo relacionado coa fundación da abadía de Abingdon, no sur de Oxfordshire.Mercian
Relacións con Northumbria Mercia estivo en conflito con Northumbria desde polo menos 633, cando Penda derrotou e matou a Edwin na batalla de Hatfield Chase.Yorke, Kings and Kingdoms, p. 78. Con todo, houbo matrimonios diplomáticos entre os dous reinos: a irmá de Aethelred, Cyneburh, casou con Alhfrith, fillo de Oswiu de Northumbria, e tanto Aethelred como o seu irmán Peada contraeron matrimonio con fillas de Oswiu. O matrimonio de Cyneburh e Alhfrith tivo lugar nos primeiros anos da década de 650 e o de Peada con Alchflaed foi pouco despois; o de Aethelred con Osthryth, con todo, é de data descoñecida, pero debeu ocorrer antes de 679, xa que Beda menciónao ao describir a batalla do Trent, que tivo lugar ese ano.BedaKirbyKirby, Earliest English Kings, p. 93.
Beda non menciona a causa da batalla, simplemente di que ocorreu no noveno ano do reinado de Ecgfrith. É máis informativo sobre o resultado. Aelfwine, o novo rei vasalo de Deira, foi asasinado; Aelfwine era irmán de Osthryth e Ecgfrith e era apreciado en Mercia e Northumbria desde o matrimonio de Aethelred con Osthryth. Segundo Beda, a súa morte ameazou con provocar máis conflitos entre os dous reinos, pero Teodoro, o arcebispo de Canterbury, interveu:Ecclesiastical History
Aethelred tomou posesión de Lindsey novamente despois da batalla; o cambio no control nesta ocasión foi duradeiro e Lindsey permaneceu como parte de Mercia ata que a invasión viquinga do século IX refixo o mapa de Inglaterra.KirbyBeda, Ecclesiastical History, IV, 12, p. 225. Os conflitos entre Northumbria e Mercia non cesaron completamente: Anais escoceses rexistran que Ethelbaldo, rei de Mercia no século VIII, devastó territorio de Northumbria en 740, mentres que o rei, Eadberht de Northumbria, estaba ausente pelexando cos pictos.Anderson Con todo, a batalla do Trento terminou coa participación de Northumbria no sur de Gran Bretaña.
Un conflito entre Wilfrido, bispo de York, e a igrexa co establishment secular conduciu á expulsión de Wilfrido de Northumbria e á división da súa inmensa diocese. Tras a morte de Ecgfrith en 685, o arcebispo Teodoro arranxou unha reconciliación entre Wilfrido e Aldfrith, o sucesor de Ecgfrith, pero en 692, Aldfrith e Wilfrido puxéronse a mal e Wilfrido exiliouse a Mercia.Blackwell Encyclopaedia of Anglo-Saxon England Aethelred nomeou a Wilfrido como bispo dos Anglos medios e apóioo no Concilio de Austerfield ao redor do 702, cando Wilfrido presentou o seu caso ante unha asemblea de bispos liderada polo arcebispo Berhtwald de Canterbury.KirbyStenton O apoio de Aethelred a Wilfrido envolveulle nunha disputa con Canterbury e Northumbria, non está claro cal era o motivo, aínda que pode ser relevante que algúns dos mosteiros de Wilfrido estaban en territorio de Mercia.Kirby
Os reinos do sur Dúas cartas de 681, mostran que Aethelred concedeu terra preto de Tetbury, no que hoxe é a fronteira entre os condados de Gloucestershire e Wiltshire.Kirby Isto pode indicar que Aethelred foi capaz de estender a influencia de Mercia até o territorio dos saxóns occidentais, tal como Wulfhere fixera antes.KirbyKirby Os saxóns occidentais lograron un importante rexurdimento militar durante o mandato de Caedwalla, rei de Wessex de 685 a 688, pero cando Caedwalla partiu en peregrinación cara a Roma puideron ocorrer conflitos internos antes de que o seu sucesor, Ine, subise ao trono.