90377 Sedna (símbolo: )U+2BF2 ⯲. David Faulks (2016) 'Eris and Sedna Symbols,' L2/16-173R, Unicode Technical Committee Document Register. é un obxecto trans-neptuniano de gran tamaño, que no 2012 estaba tres veces máis lonxe do Sol cá Neptuno. A espectroscopia revelou que a composición da superficie de Sedna é semellante á dalgúns outros obxectos trans-neptunianos, sendo en gran parte unha mestura de auga, xeos volátiles de metano e nitróxeno con tolinas. A súa superficie é unha das máis vermellas do Sistema Solar. Nin a súa masa nin as súas dimensións son ben coñecidos e UAI aínda non o recoñece formalmente coma un planeta anano, pero si é considerado un planeta anano por moitos astrónomos.Rabinowitz, Schaefer, Tourtellotte, 2011. "SMARTS Studies of the Composition and Structure of Dwarf Planets". Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 43Malhotra, 2010. "On the Importance of a Few Dwarf Planets". Bulletin of the American Astronomical Society, Vol. 41

A meirande parte da súa órbita esta aínda máis afastada do Sol que a parte que está percorrendo na actualidade, cun afelio estimado en 960 UA (32 veces a distancia entre o Sol e Neptuno), converténdoo nun dos obxectos coñecidos máis distantes do Sistema Solar, se exceptuamos ós cometas de longo período. A órbita de Sedna é excepcionalmente longa, a cal é completada nuns 11.400 anos, e o punto de máxima aproximación ó Sol é de 76 UA, o cal levantou moitas especulacións ó redor á súa orixe. O Centro de Planetas Menores sitúa actualmente a Sedna no disco disperso, un grupo de obxectos enviados a órbitas moi alongadas pola influencia gravitacional de Neptuno. Porén, esta clasificación foi cuestionada, xa que Sedna nunca se achega o suficiente preto de Neptuno coma para ser afectado pola súa gravidade, o cal leva a algúns astrónomos a concluír que é de feito o primeiro membro coñecido do interior da nube de Oort. Outros especulan que puido ser enviado á súa órbita actual por unha estrela que pasaba preto, ou que a súa órbita foi alterada por unha estrela do cúmulo aberto no que naceu o Sol, ou mesmo que foi capturado doutro sistema estelar. Outra hipótese suxire que a súa órbita pode se-la evidencia dun gran planeta alén da órbita de Neptuno. O astrónomo Michael E. Brown, co-descubridor de Sedna e os planetas ananos , , e , cre que é o obxecto trans-neptuniano máis importante cientificamente falando, que se atopou ata a data, a comprensión da súa infrecuente órbita é susceptible de dar información moi valiosa sobre a orixe e evolución inicio do Sistema Solar.

Descubrimento e nome

Sedna, (provisionalmente designado coma ) foi descuberto por Mike Brown (Caltech), Chad Trujillo (Observatorio Gemini) e David Rabinowitz (Universidade Yale) o 14 de novembro do ano 2003. O descubrimento formaba parte dunha investigación iniciada no 2001, co uso do telescopio Samuel Oschin do Observatorio de Palomar, preto de San Diego, no cal empregaron a cámara Palomar Quest camera de 160 megapíxeles de Yale. Aquel día, observouse un obxecto que se desprazou 4,6 arcsegundos ó longo de 3,1 horas en relación ás estrelas, o cal indicaba que estaba a unha distancia dunhas 100 UA. Observacións posteriores feitas en novembro-decembro do ano 2003 co telescopio SMARTS no Cerro Tololo Inter-American Observatory en Chile, así como co telescopio IV Tenagra no W. M. Keck Observatory en Hawai revelaron que o obxecto se estaba movendo ó longo dunha órbita moi afastada e excéntrica. Máis tarde, o obxecto foi identificado nunhas imaxes máis antigas que foran feitas polo telescopio Samuel Oschin, así como tamén foi recuperado en imaxes do programa Near Earth Asteroid Tracking. Estas posicións previas recuperadas axudaron a coñecer o seu arco orbital e permitiron un cálculo máis preciso da súa órbita.

"O noso obxecto recen descuberto é o lugar máis frío e distante do Sistema Solar", dixo Mike Brown no seu sitio web, "así que nós sentimos que é apropiado nomealo en honra a Sedna, a deusa inuit do mar, a cal vive no fondo do frío Océano Ártico". Brown tamén suxeriu ó Centro de Planetas Menores da Unión Astronómica Internacional (UAI), que os futuros descubrimentos de obxectos na zona orbital de Sedna tamén fosen bautizados cos nomes de entidades mitoloxías árticas. O equipo fixo o nome de "Sedna" público antes de que o obxecto fora oficialmente catalogado. Brian Marsden, o xefe do Centro de Planetas Menores, dixo que tal acción era unha violación do protocolo, e que algúns membros da UAI poderían votar contra el. Con todo, non lle foi posta obxección algunha ó nome, e non foron suxeridos nomes alternativos. A UAI aceptou formalmente o nome en setembro de 2004, e tamén considerou que, en casos semellantes de extraordinario interese, poderíase permitir no futuro que os nomes de tales obxectos fosen anunciados antes de que fosen oficialmente catalogados.

Órbita e rotación miniatura|left|A órbita de Sedna (vermello) vista en relación ás órbitas de Xúpiter (laranxa), Saturno (amarelo), Urano (verde), Neptuno (azul) e Plutón (morado).|alt= A órbita de Sedna está moito máis alá deses obxectos, e esténdese moitas veces as súas distancias respecto do Sol.

Sedna ten o período orbital máis longo de tódolos obxectos de tamaño importante do Sistema Solar, que esta calculado en torno ós 11.400 anos. A súa órbita é moi excéntrica, cun afelio estimado en 937 UA e un perihelio de preto de 76 UA, o perihelio máis distante observado en calquera obxecto do Sistema Solar. No momento da súa descuberta estábase aproximando ó seu perihelio dende unha distancia de 89,6 UA respecto do Sol, e neses momentos era o obxecto máis distante observado no Sistema Solar. sería máis tarde detectado polo mesmo equipo de investigación a 97 UA. Aínda que as órbitas de varios cometas de longo período esténdense máis lonxe do que a de Sedna, son moi débiles para ser observados, excepto cando se achegan ós seus perihelios que están no interior do Sistema Solar. Aínda que Sedna esta achegándose ó seu perihelio, o cal será a mediados do ano 2076, o Sol aparece só como unha estrela moi brillante no seu ceo, só 100 veces máis brillante cá lúa chea sobre a Terra, e moi lonxe para ser visible coma un disco a simple vista.

Cando foi descuberto, pensábase que Sedna tiña un período de rotación excepcionalmente longo (de 20 a 50 días). Inicialmente especulouse con que a rotación de Sedna fora retardada pola forza gravitacional dun compañeiro binario grande, semellante a Caronte en relación a Plutón. A procura de tal satélite feita polo Telescopio Espacial Hubble en marzo do ano 2004 non dou resultados positivos, e posteriores medicións feitas polo telescopio MMT suxiren un período de rotación moito máis curto, de aproximadamente 10 horas, bastante típico para un corpo de seu tamaño.

Características físicas

miniatura|left|Recreación artística de 90377 Sedna|alt=Sedna, unha esfera vermella xeada, escasamente iluminada polo Sol.

Sedna ten unha banda-V na magnitude absoluta (H) de aproximadamente 1.8, e estímase que ten un albedo de preto de 0,32, dándolle un diámetro de aproximadamente 1.000 km. Na época do seu descubrimento era o obxecto intrinsecamente máis brillante atopado no Sistema Solar dende Plutón no ano 1930. Xa no 2004, os descubridores colócanlle un límite superior de 1.800 km para o seu diámetro, pero en 2007 este límite foi revisado á baixa, ata os 1.600 km despois das observacións feitas co Telescopio Espacial Spitzer. No 2012, as medicións feitas polo Observatorio Espacial Herschel suxeriron que o diámetro de Sedna era de , o que sería un diámetro menor có da lúa de Plutón, Caronte. Como Sedna non ten lúas coñecidas, determinar a súa masa é actualmente imposíbel sen o envío dunha sonda espacial. Con todo, as estimacións anteriores para o seu diámetro son asumidas cunha densidade igual a de Plutón (de 2,0 g/cm3), a franxa da masa estimada resultante é de preto de 1 x 1021 kg.

Observacións feitas co telescopio SMARTS amosan que baixo a luz visible, Sedna é un dos obxectos máis vermellos do Sistema Solar, case tan vermello coma Marte. Chad Trujillo e os seus colegas suxiren que a cor vermella escura de Sedna é causada por un revestimento da superficie cunha especie de lama de hidrocarburos, ou tolinas, formados estes compostos a partir de simples compostos orgánicos trala exposición prolongada á radiación ultravioleta. A súa superficie é homoxénea en canto á cor e espectro, o que pode ser porque Sedna, a diferenza de obxectos máis próximos ó Sol, raramente é alcanzado polos impactos doutros obxectos menores, estes obxectos menos afastados expoñen manchas brillantes de material xeado fresco coma no caso de 8405 Asbolus. Sedna e outros dous obxectos moi distantes ( e ) comparten a súa cor cos obxectos máis afastados do cinto de Kuiper e co centauro 5145 Pholus, suxerindo unha rexión de orixe semellante.

Trujillo e os seus colegas colocaron os límites superiores da composición superficie de Sedna nun 60% ​​para xeo de metano e nun 70% para o xeo de auga. A presenza de metano tamén apoia a existencia de tolinas na superficie de Sedna, xa que son producidas pola irradiación do metano. Barucci e o seu equipo compararon o espectro de Sedna co de Tritón e detectaron febles bandas de absorción pertencentes ó metano e a xeos de nitróxeno. A partir destas observacións, suxeriron o seguinte composición da superficie: un 24% de tolinas semellantes as de Tritón, 7% de carbono amorfo, 10% de nitróxeno, 26% metanol e 33% de metano. A detección de xeos de metano e auga, foi confirmada no ano 2006 pola fotometría no infravermello medio do Telescopio Espacial Spitzer. A presenza de nitróxeno na superficie suxire a posibilidade de que, polo menos durante un curto período de tempo, Sedna podía que teña unha atmosfera. Durante un período de 200 anos preto perihelio a temperatura máxima en Sedna debe exceder os 35,6 K (−237.6 °C), a temperatura de transición de entre a fase-alfa do N2 sólido e a fase beta visto na lúa Tritón. A 38 K, a presión do vapor de N2 sería de 14 microbares (0,000014 atmosferas). Con todo, o seu vermello profundo é un indicativo de elevadas concentracións de material orgánico na súa superficie, e as súas bandas de absorción febles de metano indican que o metano da superficie Sedna é antigo, en vez de recen depositado. Isto significa que Sedna é moi frío para que o metano se poida evaporar na súa superficie e despois caer de volta en forma de neve, como acontece na lúa Tritón e, probablemente, en Plutón.

Varios modelos de quecemento interno a través da desintegración radioactiva, suxiren que Sedna podería ser capaz de albergar un océano de auga líquida baixo a súa superficie.

Orixe No documento do anuncio da descuberta de Sedna, Mike Brown e os seus colegas describírono coma o primeiro corpo observado pertencente á nube de Oort, a nube hipotética de cometas que se pensa que existe a case un ano-luz de Sol. Observaron que, ó contrario que os obxectos do disco disperso, tales como , o perihelio de Sedna (76 UA) está moi lonxe, coma para ter sido afastado pola influencia gravitacional de Neptuno. Xa que está moito máis preto do Sol do que se espera para un obxecto da nube de Oort, e coma ten unha inclinación aproximadamente en liña cos planetas e os obxectos do cinto de Kuiper, o equipo de Brown describiuno coma un planetoide que podería ser un "obxecto da parte máis interna da nube Oort", situado na rexión que se estenden entre cinto de Kuiper á parte esférica da nube.