A illa (ou insua) de San Martiño sitúase na foz do río Sor, na ría do Barqueiro. Pertence á parroquia de San Miguel das Negradas, no concello do Vicedo.
Historia No medio da illa atopábase un castro, coñecido como Cova dos Mouros e durante a Idade Media houbo un convento da orde de San Bieito, xa desaparecido, que contribuíu economicamente á guerra de Granada.
Empregouse como terras de cultivo ata o século XX. Na actualidade é a illa con máis concentración de masa arbórea de Europa, cunha plantación de eucaliptos.
San Martiño, Illa de Categoría:O Vicedo San Martiño Categoría:O Vicedo sen imaxes Categoría:Illas fluviais de Galicia