San Salvador de Damil é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o IGE en 2014 tiña 167 habitantes (87 homes e 80 mulleres), 18 menos ca en 2004 (98 homes e 87 mulleres) e 37 menos ca en 1999. Ten tres entidades de poboación.
Toponimia
O topónimo Damil podería ter orixe no nome de posuidor *Damirus a través do xenitivo *Damiri.
Historia Durante o Antigo Réxime formou xurisdición xunto coa veciña parroquia de Felmil, da que segue a ser anexa.
Patrimonio miniatura|esquerda|Fronte da igrexa parroquial.
Igrexa parroquial de San Salvador. Capela de San Vitorio, do século XVI, con retablo neogótico. Fonte de San Vitorio, a carón do río Miño.
Lugares e parroquias Lugares de Damil
Parroquias de Begonte
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Begonte
Categoría:Parroquias de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador