O voo 011 de Avianca era un voo internacional regular entre Frankfurt e Bogotá con escalas en París, Madrid e Caracas. O día 27 de novembro de 1983 o Boeing 747-283B que cubría o voo, con rexistro HK-2910X, esnafrouse antes de aterrar no Aeroporto de Madrid-Barajas.
O segmento entre Frankfurt e París dese día fora cancelado por Avianca. Como resultado, os pasaxeiros que tiñan que embarcar no voo 011 en Frankfurt realizaron a viaxe a París nun avión de Lufthansa. Debido a que tiveron que agardar por eses pasaxeiros, a saída de París atrasouse. Ás 23:31 o aparello comezou a descender cara ao Aeroporto de Madrid-Barajas. Durante o descenso o avión golpeou un outeiro, despois un segundo, e finalmente esnafrouse contra o chan desintegrándose. Os seus 19 tripulantes, así como 162 dos 173 pasaxeiros morreron. A causa do accidente foi un erro do piloto ao determinar incorrectamente a posición do avión. A día de hoxe o voo 011 de Avianca é o segundo peor accidente aéreo en España, tras o accidente de Los Rodeos. Avianca segue operando o voo 011, sendo un voo diario entre Madid e Bogotá operado por un Boeing 787–8.
Notas
Avianca Avianca Avianca 0011