Jean Lucas nado o 25 de abril de 1917 e finado o 27 de setembro de 2003, foi un piloto de carreiras de Francia. Participou nun Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, o 11 de setembro de 1955. Lucas era entón o xerente do equipo Gordini, e cando o piloto habitual Robert Manzon non podía competir, decidiu ocupar o seu lugar. Retirou o seu coche cunha falla no motor e non logrou puntos de campionato.

Os mellores resultados de Lucas como piloto foron en carreiras de coches deportivos ao volante dun Ferrari, gañando en Spa-Francorchamps e en Montlhéry en 1949. Retirouse en 1957 logo dun accidente no Gran Premio de Marrocos.

Resultados Completos na Fórmula Un (Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos Equipe Gordini Gordini Type 32 Gordini 8 en liña ARX MON 500 BEL NED GBR ITARet NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Francia Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Gordini Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos das 24 Horas de Spa