Karl Georg Christian Wilhelm Michahelles, nado o 5 de maio de 1807 en Núremberg, e finado o 15 de agosto de 1834 en Nauplia, Grecia, foi un médico e zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía e herpetoloxía.

Traxectoria Desde 1827 estudou medicina na Universidade de Múnic, onde coñeceu ao naturalista Lorenz Oken.

En 1831 recibiu o seu doutoramento en Medicina e Cirurxía coa tese "Das Malo Di Scarlievo in Historischer Und Pathologischer Hinsicht".Saecular-Feier der Naturhistorischen Gesellschaft in Nürnberg 1801-1901 Google Books by Naturhistorische Gesellschaft Nürnberg.

Michahelles viaxou moito a Dalmacia, Iliria e Croacia e contribuíu de forma moi importante ao coñecemento da fauna aviaria destas rexións.

Entre as especies mediterráneas que identificou, pódense citar a Sitta neumayer, especie de paseriforme da familia dos sítidosGBIF Sitta neumayer Michahelles, 1830. e o urodelo Pleurodeles waltl, da familia dos salamándridos.GBIF Pleurodeles waltl Michahelles, 1830.

Faleceu a causa dunha disentería, á idade de 27 anos, en Nauplia, Grecia, cidade onde practicou a medicina e estudou a vida salvaxe.

Algunhas publicacións Ueber einige dalmatinische Vertebraten. En: Isis, 1830. p. 809—820.Bibliotheca historico-naturalis: Verzeichniss der Bücher ... por Wilhelm Engelmann. Neue südeuropäische Amphibien. En: Isis von Oken, XXIII, Leipzig 1830, pp. 189–195, pp. 806–809.Bibliotheca historico-naturalis: Verzeichniss der Bücher ... por Wilhelm Engelmann.

Especie dedicada Unha especie de gaivota, Larus michahellis foille dedicada en 1840 por Johann Friedrich Naumann.''Larus michaellis en oiseaux-birds.com , .

Abreviatura A abreviatura Michaelles emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1807 Categoría:Nados en Núremberg Categoría:Finados en 1834 Categoría:Alumnos da Universidade de Múnic Categoría:Ornitólogos de Alemaña