O kichwa (Kichwa shimi ou Runashimi) é unha lingua quechua que inclúe tódalas variedades quechuas de Ecuador e Colombia (inga), así como nalgunhas partes do Perú. Ten arredor dun millón de falantes. O kichwa está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Os dialectos máis falados son os do Chimborazo e de Imbabura. O kichwa pertence ó quechua do norte e encádrase dentro do grupo Quechua II, segundo o lingüista Alfredo Torero.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Linguas quechuas Media lengua
Bibliografía Ciucci, Luca & Pieter C. Muysken 2011. Hernando de Alcocer y la Breve declaración del Arte de la lengua del Ynga. El más antiguo manuscrito de quichua de Ecuador. Indiana 28: 359-393.
Categoría:Linguas quechuas Categoría:Linguas de Ecuador Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas do Perú